Cidade da Cultura

A Cidade da Cultura de Galicia, situada no monte do Gaiás (Santiago de Compostela), é un gran complexo cultural dedicado ó coñecemento e á creatividade contemporánea.

A "Fundación Cidade da Cultura de Galicia” é creada no ano 1999 por iniciativa da Xunta de Galicia baixo o réxime de Fundación de Interés Gallego, co obxectivo de centrarse na creación e xestión dun “espazo multifuncional, multidisciplinar e aglutinador propicio para a interacción cultural”.

Este gran proxecto iniciouse no ano 1999. No 2011 inauguráronse dous dos edificios plantexados e os que faltan se rematarán cando a situación económica o permita.

Denominación: Cidade da Cultura de Galicia

Tipoloxía: Edificios para equipamentos e servizos; Paisaxe cultural.

Cronoloxía: Século XXI.

Etiquetas: Cultura; Administración.

Localización: Monte Gaiás, s/n.

Coordenadas: 42°52′12″N 8°31′32″W.

Propiedade: Fundación Cidade da Cultura.

O concurso:

Foi no ano 1999 cando a Xunta de Galicia convocou un Concurso Internacional de Arquitectura para elixir o deseño que máis se adecuaba ó concepto que se buscaba.

A este concurso presentáronse doce propostas de destacados arquitectos nacionais e internacionais, que finalmente quedaron en once debido á retirada de Santiago Calatrava. Estes arquitectos foron Ricardo Bofill, Peter Eisenman, Manuel Gallego Jorreto, Annette Gigon y Mike Guyer, Steve Holl, Rem Koolhaas, Daniel Libeskind, Juan Navarro Baldeweg, Jean Nouvel, Dominique Perrault e César Portela.

Finalmente elixiuse o proxecto de Eisenman Architects debido á súa singularidade e á súa sintonía co lugar.


O arquitecto:

Peter Eisenman é un arquitecto norteamericano moi recoñecido a nivel internacional. Membro do grupo denominado “The New York Five”, estableceu o seu propio estudo en Nueva York en 1980, despois de ser profesor dalgunhas das universidades máis prestixiosas do mundo, como por exemplo Harvard, Cambridge, Princeton, Yale ou Ohio.

Ó longo da súa vida foi moitas veces galardonado cos premios máis importantes de arquitectura e é autor de obras como o Centro Wexner das Artes Visuais en Ohio, o Aronoff Center da Universidade de Cincinnati ou o Monumento ó Holocausto en Berlín.


A obra:

O proxecto consta dun conxunto de seis edificios concebidos en tres partes: O Centro de Emprendemento Creativo de Galicia, a Biblioteca e Archicvo de Galicia, o Museo Centro Gaiás, o Centro de Innovación Cultural, o Centro da Música e das Artes Escénicas e o Centro de Arte Internacional. Destos edificios, só os catro primeiros están finalizados, as obras do resto encóntranse paralizadas.

As dimensións son xigantescas: a superficie total da actuación cubre unhas 69 ha, das que a zona edificada supón algo menos da terceira parte (22 ha).

Eisenman inspírase no casco histórico compostelán e as cinco rutas de peregrinación da cidade medieval que conducen á catedral, as cales traslada mediante unha cuadrícula á montaña.

O artista dispón os edificios como unha topografía artificial sobre o cumio do monte, excavando éste de maneira que o mismo monte parece estar tallado.

O paisaxe que resulta ven dado pola superposición do plano da cidade histórica de Santiago e a tipoloxía ficticia dunha vieira peregrina coa topografía real do Monte do Gaiás.

É importante destacar que o uso de pedra local, o diseño dos teitos dobres e a planta de enerexía contribúeun á súa sostenibilidade ambiental.


Ademáis das edificacións sinaladas anteriormente, este conxunto tamén conta con varias zonas verdes (Xardín Literario, Xardín do Teatro, Parque do Lago e Bosque de Galicia), unha cantina, o Parque da Balea e as Torres Hejduk.

Bibliografía:

  • GARCÍA HÍPOLA, M., "¿Por qué Peter Eisenman hace tan buenos diseños? Tácticas, estrategias y estratagemas", Expresión gráfica arquitectónica, Nº 14, 2009, pp. 94-103.

  • LÓPEZ DE LUCIO, R., "Santiago de Compostela y la Cidade da Cultura de Eisenman/Perea", Revista del Departamento de Urbanística y Ordenación del Territorio, Nº 13, 2008, pp. 170-171.

  • "Cidade da Cultura" <https://www.cidadedacultura.gal/es/info/el-proyecto> [Consultado el 01/02/2019].

  • Eisenman Architects, "City of Culture of Galicia",<https://eisenmanarchitects.com/City-of-Culture-of-Galicia-2011> [Consultado el 01/02/2019].