Torres Hejduk

As Torres Hejduk foron deseñadas en 1992 polo arquitecto neoiorquino John Hejduk como torres botánicas para o parque de Belvís, pero finalmente non se chegaron a realizar no emprazamento orixinal e emprazáronse na Cidade da Cultura do Monte Gaiás.

Denominación: Torres Hejduk

Tipoloxía: Elementos de ornamentación urbana.

Cronoloxía: Século XXI.

Etiquetas: Monumento.

Localización: Monte Gaiás, s/n.

Coordenadas: 42°52′12″N 8°31′32″W.

Propiedade: Descoñecida.

Despois da morte de Hejduk no 2002, Peter Eisenman, o arquitecto da Cidade da Cultura, decidiu recuperar o proxecto do seu compañeiro (ambos pertencían ó grupo denominado The New York Five), e propuxo a súa construción no complexo do Gaiás.

Eisenman dedícalles un lugar especial, a cara sur, a primeira en recibir a luz solar.

A oposición da pedra e o vidro fainos pensar na tectónica de materiais, presente na arquitectura dos últimos 150 anos. Hejduk emprega a mesma forma xeométrica nas dúas torres, a mesma estrutura e a mesma dimensión. A única diferencia entre as torres é o revestimento, empregándose nunha un material pesado (pedra) e na outra un lixeiro (vidro). Neste feito tamén se pode percibir unha antítese entre o tradicional e o moderno.

Outro feito importante é que as torres van perdendo sección a medida que van gañando altura, en referencia á construción dos edificios en altura.

Por último é importante destacar o uso unicamente de formas xeométricas e simples.

Bibliografía: