A Catedral de Santiago de Compostela é un dos tres templos de culto católico máis importantes da Cristiandade, xunto con Roma e Xerusalén.
Erixido sobre os supostos restos do Apóstolo Santiago, a día de hoxe é un dos lugares de peregrinación por excelencia, e a súa relevancia tanto histórica como artística propiciaron a súa declaración como Ben de Interese Cultural e Patrimonio da Humanidade.
Denominación: Catedral de Santiago de Compostela
Tipoloxía: Arquitectura relixiosa; Catedral
Cronoloxía: Séculos XI-XVIII
Localización: Catedral de Santiago de Compostela, Praza do Obradoiro, s/n, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña
Coordenadas: 42°52'50"N 8°32'41"O
Propiedade: Privada
Tras o descubrimento dos supostos restos do apóstolo Santiago na primeira metade do século IX, vanse a ir realizando diferentes construcións sobre eles, culminando na catedral que podemos disfrutar na actualidade.
Alfonso II vai a construír na primeira metade do século IX unha basílica dunha soa nave sobre os restos, situados nunha cripta, cuxa localización será respetada ata a actualidade. Como esta primeira basílica era moi pequena, foi derrubada. Alfonso III vai a construír outra no seu lugar, esta vez de tres naves, a finais do mesmo século, en época do bispo Sisnando. Tras ser incendiada por Almanzor nunha razia islámica, foi restaurada por Pedro de Mezonzo sobre o ano 1000. A grande afluencia de peregrinos vai determinar a construción dunha basílica románica acorde á importancia dos restos.
Durante a época do bispo Peláez e baixo a man do taller do mestre Bernardo o Vello, construírase o deambulatorio arredor do altar maior. Tra-lo nomeamento de Xelmírez e baixo o taller do mestre Esteban, termínase o deambulatorio e realízase a maioría do cruceiro, que será terminado polo taller do mestre Bernardo o Xoven, que tamén realizará a maioría dos tramos da nave. Finalmente, o taller do mestre Mateo rematará coa nave e realizará o peche occidental, cunha cripta e unha tribuna e, no medio, o Pórtico da Gloria. No ano 1211, Alfonso IX consagra a catedral.
Posteriormente, na Idade Moderna, vanse a levar a cabo diferentes reformas. No Renacemento construiranse o claustro e a escalinata actuais, así coma os púlpitos. No Barroco, partindo das ideas de Vega y Verdugo, realizarase o peche da Quintana, obra de Peña de Toro, o baldaquino e a actual Torre do Reloxo, obras de Domingo de Andrade, e, finalmente, a obra máis coñecida de todas: a fachada do Obradoiro, de Fernando de Casas. Nos albores do Neoclasicismo realízase a actual fachada de Azabechería. Nos últimos séculos realízanse reformas menores.
A catedral é un dos tres epicentros da cristiandade, xunto a Roma e Xerusalén, e a presenza de peregrinos é algo que forma parte do día a día, constituíndose como un hito relixioso e artístico.
1. Fachada da Catedral de Santiago
Bibliografía:
Bravo Lozano, M. (1999). Camino de Santiago Inolvidable. Everest
García Iglesias, X. M. (1990). A catedral de Santiago e o Barroco. COAG
Vicente, S. (2012). Vega y Verdugo, Peña de Toro y la introducción del barroco en Compostela. Consorcio de Santiago
VVAA. (2011). Historia de Santiago de Compostela. Vía Láctea
Imaxes: