Hispana
Biblioteca e arquivo patrimonial dixital - Agregador
Hispana é o portal de acceso ao patrimonio dixital español e o agregador nacional de contidos a Europeana.
Hispana reúne as coleccións dixitais de arquivos, bibliotecas e museos españois. Entre elas destacan os repositorios institucionais das universidades españolas e as bibliotecas dixitais das Comunidades Autónomas, que ofrecen acceso a conxuntos crecentes de todo tipo de materiais (manuscritos, libros impresos, fotografías, mapas...) do patrimonio bibliográfico español.
https://hispana.mcu.es/es/inicio/inicio.do
Europeana
Biblioteca e arquivo patrimonial dixital - Agregador
Europeana ofrece aos entusiastas do legado cultural, profesionais, profesores e investigadores, acceso dixital a material histórico cultural Europeo. Para compartir e gozar da nosa rica herdanza cultural. Para utilizala para crear contidos novos.
https://pro.europeana.eu/page/aggregators
Biblioteca Digital Hispánica
Biblioteca dixital
La Biblioteca Digital Hispánica biblioteca dixital da Biblioteca Nacional de España. Proporciona acceso libre e gratuíto a miles de documentos dixitalizados, entre os que se contan libros impresos entre os séculos XV e XX, manuscritos, debuxos, gravados, folletos, carteis, fotografías, mapas, atlas, partituras, prensa histórica e gravacións sonoras.
http://bdh.bne.es/bnesearch/Inicio.do
Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes
Biblioteca dixital
Biblioteca española que reúne obras hispánicas en Internet. Ten como obxectivo principal a difusión da cultura hispánica.
https://www.cervantesvirtual.com/
Recolecta
Agregador nacional de repositorios científicos de acceso abierto
En España existe unha importante infraestrutura de recursos nos que publicar ou depositar en aberto os traballos de investigación, formada por repositorios institucionais, repositorios temáticos e revistas en acceso aberto. Recolecta agrega todos eses recursos na súa plataforma.
https://www.recolecta.fecyt.es/
Biblioteca Dixital Mundial
Biblioteca Dixital
A Biblioteca Dixital Mundial pon ao dispor na internet, de maneira gratuíta e en formato multilingüe, importantes materiais fundamentais de culturas de todo o mundo. A idea básica, posta en marcha en abril de 2009, consistía en crear unha colección na internet, de fácil acceso, de todos os tesouros culturais do mundo que contasen as historias e destacasen os logros de todos os países e culturas, promovendo así a sensibilización e o entendemento intercultural.
A Biblioteca Dixital Mundial representa un cambio nos proxectos de bibliotecas dixitais, centrándose na calidade fronte á cantidade; a cantidade segue sendo unha prioridade, pero non a expensas dos estándares de calidade establecidos nos seus inicios.
Actualmente a Biblioteca Dixital Mundial compóñena máis de 200 socios, entre bibliotecas, arquivos e outras institucións que posúen coleccións con contido cultural.
https://www.loc.gov/collections/world-digital-library/
Digital Public Library of America
Biblioteca Dixital
Descubre imaxes, textos, vídeos e sons de todos os Estados Unidos
Archive.org
Arquivo da web e biblioteca dixital
Internet Archive é un sitio web e unha organización sen ánimo de lucro destinada á preservación de historiais Web e recursos multimedia
https://archive.org/search?query=santiago+de+compostela
Open library
Biblioteca Dixital
Biblioteca Dixital de Archive.org
Google Books
Catálogo de libros a texto completo
Google Books (chamado anteriormente Google Book Search e Google Print) é un servizo en liña vía web para a consulta de publicacións. A busca faise en libros e publicacións periódicas dixitalizadas de todo o mundo que Google converte en texto con OCR. O servizo foi presentado por Google en outubro de 2004 na Feira do Libro de Frankfurt
Recurso internacional - EE.UU - Ámbito mundial - Buscador de libros a texto completo
Proxecto Gutenberg
Biblioteca dixital
Proxecto literario de esforzo voluntario para dixitalizar, arquivar e distribuír obras culturais a través da dixitalización de libros. Fundado en 1971, é a máis antiga biblioteca dixital.
https://www.gutenberg.org/browse/languages/es
https://www.gutenberg.org/browse/languages/gl
Bandcamp
Tenda de música en liña
Bandcamp é unha tenda de música en liña, ademais dunha plataforma de lanzamento e de promoción para artistas independentes.1 Abriu a súa web en setembro de 2008, e en 2012 posúe un catálogo de máis de 5 millóns de cancións, máis de 600.000 álbums procedentes de 183 países.2 O 2 de marzo de 2022, Bandcamp foi adquirida por Epic Games.
https://bandcamp.com/discover/santiago-de-compostela
Galiciale
Biblioteca dixital
A plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas