A Compostelapedia da Biblioteca Ánxel Casal é unha enciclopedia en curso sobre a cidade de Santiago de Compostela que foi deseñada e estruturada pola biblioteca e os contidos foron elaborados por alumnado en prácticas de 4º curso da Facultade de Xeografía e Historia das especialidades de Arte e de Historia instruídos e supervisados pola biblioteca.
A vocación da Compostelapedia da Biblioteca Ánxel Casal é crear un recurso de información da cidade que facilite a participación cidadá para crear un saber colaborativo no que as usuarias e usuarios da biblioteca que o desexen poidan aportar os seus coñecementos e facer unha ferramenta viva entre todos.
A idea que temos é que como biblioteca pública de maior tamaño da cidade debemos facilitar unha ferramenta que trate de estruturar a información cunha visión enciclopédica e tamén documental, ofrecendo un servizo de referencia que poida responder a preguntas de interese dos nosos usuarios e da cidadanía en xeral, preguntas que, en todo caso, son frecuentes nas bibliotecas. Por exemplo:
Que novelistas son de Santiago, que novelas escribiron.
En que ano naceu un político da cidade, existe algunha biografía desa persoa?
Que xornais foron publicados na cidade e onde podo consultalos?
Que historia ten unha institución e onde podo ampliar a información
Onde se atopa un monumento e cal é a súa historia
Que músicos independentes ten a cidade e onde poido escoitar a súa música
Que obras literarias históricas que teñan lugar en Santiago poden ser consultadas en dominio público, etc.
A enciclopedia ten un buscador no ángulo superior dereito de todas as páxinas que conforman o sitio: no resultado da busca aparecerán listadas as páxinas que conteñan o termo de busca.
Ademais, na enciclopedia aparece un menú despregable na parte esquerda da páxina.
Ese menú organízase nos seguintes grupos.
Biografías
Entidades
Lugares e Arquitecturas
Obras dixitalizadas
Recursos web e fontes de información
Biografías: Son entradas biográficas de persoeiros destacados que teñan unha importante relación con Santiago de Compostela, ben por nacemento ou por ter desenvolvido unha actividade vital ou profesional destacada na nosa cidade. As entradas de biografías teñen os seguintes elementos.
Introdución: Todos os artigos comenzan cun resumo que clarifique suficientemente quen é esa persoa sen necesidade de acudir ao resto do artigo e cales son os motivos polos que aparece na enciclopedia.
Ficha de datos: Consignamos unha serie de atributos desa persoa seguindo procedementos bibliotecarios de bases de datos de autoridade: Nome completo, nome polo que é coñecido, lugares e datas de nacemento e pasamento, campo de actividade, Grupo asociado, profesión e lingua na que traballa.
Corpo do artigo: A vocación da Compostelapedia da Biblioteca Ánxel Casal non é ofrecer unha información exhaustiva en cada artigo. A idea é dar unha visión xeral en cada unha das entradas e que estas nos dirixan a outras fontes máis completas e profesionais. Tampouco facemos no corpo do artigo listados de obras de autores que atoparemos nos enlaces a datos e catálogos, O límite de extensión situámolo arredor das 1.500 palabras e 10.000 caracteres
Bibliografía: Nunha ferramenta bibliotecaria é fundamental ser exixente coas bibliografías de cada artigo para que teña coherencia. No noso caso eliximos para citar a bibliografía o Estilo APA (7ª ed.). Ao final do manual falamos das súas características e dos seus modelos de estrutura.
Imaxes: Todas as imaxes que expregamos están en dominio público ou con licencias Creative Commons. Seremos tamén exhaustivos con estes datos. Ao final do manual tedes tamén unha guía.
Ligazóns a datos e catálogos: Por medio dun botón enlazamos con catálogos de referencia e outras fontes de información de datos estruturados en Linked Open Data que aparecen na sección recursos web e fontes de información. Destacamos o Catálogo da nosa biblioteca, o da Rede de Bibliotecas de Galicia, o Catálogo Iacobus da USC, Datos BNE, VIAF ou Wikimedia, entre outros.
Entidades: Son entradas de entidades actuais e históricas destacadas da cidade. Hai neste caso unha vocación enciclopédica e un compoñente de directorio das máis importantes entidades da cidade. Entendemos por entidade tanto institucións coma colectividades que fan algún tipo de actividade (editores, grupos de teatro, asociacións, librarías). As entradas de entidade teñen os seguintes elementos.
Introdución: Un breve resumo que ofreza unha visión xeral da entidade e da súa área de actividade
Ficha de datos: Consignamos unha serie de atributos desa entidade seguindo procedementos bibliotecarios de bases de datos de autoridade, Nome completo da entidade, Sigla, Área de actividade, Datas (inicio e fin de actividade de ser o caso), Fundador en caso de que sexa coñecido, Sede, en caso de que sexa nalgún edificio histórico, Dirección da entidade, Coordenadas para facilitar a súa xeolocalización que enlaza con Geohack, unha versión modificada das fontes de mapas da extensión gis de Egil Kvaleberg. É utilizado para proporcionar ligazóns a varios servizos de cartografía, cando un usuario fai clic nunha ligazón con coordenadas xeográficas, Páxina Web da entidade, Entidade Superior, entidade da que depende organicamente a entidade da ficha, un exemplo sería unha Facultade respecto da universidade.
Corpo do artigo: A vocación da Compostelapedia da Biblioteca Ánxel Casal non é ofrecer unha información exhaustiva en cada artigo. A idea é dar unha visión xeral en cada unha das entradas e que estas nos dirixan a outras fontes máis completas e profesionais. No caso das entidades temos que ter unha vocación de directorio de entidades destacadas e intentar acceder aos productos documentais que a teña na rede. Límite arredor das 1.500 palabras e 10.000 caracteres. As entradas de entidades serán en xeral máis curtas.
Bibliografía: Tamén empregamos para citar a bibliografía o Estilo APA (7ª ed.) . É importante ser riguroso nas consultas e nas citas.
Imaxes: Todas as imaxes que expregamos están en dominio público ou con licencias Creative Commons. Seremos tamén exhaustivos con estes datos. Ao final do manual tedes unha guía.
Ligazóns a datos e catálogos: seguimos os mesmos criterios que para persoas, por medio dun botón enlazamos con catálogos de referencia e outras fontes de información de datos estructurados en Linked Open Data
Redes sociais e plataformas web de seu: por medio de botóns enlazamos coas diferentes webs e redes de cada entidade. No caso dalgunhas redes é preciso ter conta nesa rede. As redes poden aportar moita información sobre as entidades e as súas actividades..
Lugares e Arquitecturas: Nas entradas de Lugares e Arquitecturas incluimos lugares de interés da cidade entendidos como sitios ou paraxes tanto naturais como artísticos. Esos lugares en nalgún caso poden pertencer a algunha entidade ou institución pero valoraremos para estas entradas a súa importancia como cultura material ou inmaterial, sexa ou non patrimonial. Un exemplo claro é unha igrexa que ten función parroquial, neste caso interésanos polas súas características arquitectónicas. As entradas de entidade teñen os seguintes elementos.
Introdución: Un breve resumo que dea unha visión xeral do lugar ou obra artística que clarifique a súa importancia e contexto
Ficha de datos: Denominación, nome polo que é coñecido o lugar ou obra arquitectónica. Tipoloxía, que tipo de lugar ou de construcción, por exemplo parques, arquitectura civil ou relixiosa, etc. Cronoloxía: aproximando todo o posible as datas. Localización: ondé está ubicado, Coordenadas, para facilitar a súa xeolocalización enlazando con Geohack e Propiedade, pública ou privada
Corpo do artigo: A vocación da Compostelapedia da Biblioteca Ánxel Casal non é ofrecer unha información exhaustiva en cada artigo. A idea é dar unha visión xeral en cada unha das entradas e que estas nos dirixan a outras fontes máis completas e profesionais. En xeral o límite é de 1.500 palabras e 10.000 caracteres.
Bibliografía: Tamén empregamos para citar a bibliografía o Estilo APA (7ª ed.) . É importante ser riguroso nas consultas e nas citas.
Imaxes: Todas as imaxes que empregamos están en dominio público ou con licencias Creative Commons. Seremos tamén exhaustivos con estes datos. Ao final do manual tedes unha guía.
Ligazóns a datos e catálogos: seguimos os mesmos criterios que para persoas, por medio dun botón enlazamos con catálogos de referencia e outras fontes de información de datos estructurados en Linked Open Data.
Obras dixitalizadas : A rede ten actualmente unha enorme cantidade de recursos e obxectos dixitais. Textos, imaxes, música, sons ou audivisuais disgregados en distintos repositorios e sitios web. A nosa idea é dar acceso a una selección de documentos dixitalizados que teñan relación con Compostela e que teñan unha licencia de acceso Creative Commons ou en dominio público respectando en todo momento as leis de propiedade intelectual. Dividimos esta sección en tres tipos de documentos en relación coa súa tipoloxía e procedencia.
Publicacións institucionais: Moitas institucións publican os seus traballos en versión dixital, poden facer un encargo a autores e por ser de interese público póñeno a disposición da cidadadanía. Estas publicación cando traten de Santiago interésannos e as introduciremos por medio dunha bibliografía dos recursos organizada por autor, descrita seguindo a norma ISO 690 que é bibliograficamente máis completa que APA, cunha ligazón ao recurso dixitalizado, elexindo un enlace permanente sempre que sexa posible. Ao final da guía falaremos das súas características e modelo de estrutura.
Traballos de investigación: Trátase de traballos de investigación que teñan como obxecto a nosa cidade. Moitos traballos son dificiles de localizar para estudantes e incluso investigadores. Falamos de Teses de doutoramento, TFG ou estudos completos de investigadores. Excluímos capítulos de libros e artigos de revistas aos que poderemos acceder por Dialnet ou no catálogo da USC nos botóns de datos e catálogos. Faremos bibliografía dos recursos organizada por autor e descrita seguindo a norma ISO 690
Obras históricas en dominio público: Nas que esté presente Santiago e que seleccionaremos de bibliotecas dixitais ou agregadores con enlace permanente ao obxecto. Faremos bibliografía dos recursos organizada por autor e descrita seguindo a norma ISO 690.
Recursos web e fontes de inforemación: Neste apartado incluímos recursos fundamentais para o noso traballo e o traballo bibliotecario en xeral onde podamos obter información e dar visibilidade aos máis importantes e interesantes proxectos de coñecemento aberto.Os dividímolos en:
Recursos locais: Webs e outros proxectos da cidade das que queremos facilitar a súa visualización na nosa misión de difundir a información local. Hai diversidade de proxectos por parte de institucións, empresas do sector cultural e particulares: directorios, axendas, mapas temáticos, mapas emocioniais, revistas ou contas en redes sociais.
Recursos Galicia: Recursos de Información de distintos ámbitos relacionados con Galicia e nos que tamén podemos extraer información local. Agregadores, catálogos, bases de datos da patrimonio, axendas. Especial mención ás coleccións dixitais, albums e directorios do Consello da Cultura Galega.
Datos e catálogos: Unha selección e compilación dos principais catálogos de referencia para extraer información local. O catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia, o subcatálogo da Biblioteca Ánxel Casal, o catálogo Iacobus da USC que ten a particularidade de facer catalogación analítica de capítulos de libros e artigos de revistas de temática galega, Dialnet, portal de información científica tamén con catalogación analítica e ligazóns a texto completo de artigos de revistase unha selección de catálogos en formato Linked Open Data
Bibliotecas dixitais: Unha listaxe das mellores bibliotecas dixitais das que podemos extraer información local de todos os ámbitos xeográficos e temáticos
Formas de citas e bibliografía
Para xerar atribucións de imaxes de wikipedia e wikimedia commons: https://lizenzhinweisgenerator.de/?lang=es
Enlace para a licenza CC BY-SA 2.0 en galego: https://creativecommons.org/licenses/by-sa/2.0/deed.gl
Enlace para a licenza CC BY-SA 3.0 en galego: https://creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0/deed.gl
Enlace para a licenza CC BY-SA 4.0 en galego: https://creativecommons.org/licenses/by-sa/4.0/deed.gl
Enlace para a licenza "Dominio público" en galego: https://commons.wikimedia.org/wiki/Template:PD-old?uselang=gl
APA 7ª ed.
O Estilo APA (tamén chamado normas ou formato APA) é unha serie de procedementos para a comunicación académica clara e precisa. Foi desenvolvido pola American Psychological Association (APA polas súas siglas en inglés) en 1929. Os seus estándares facilitan a elaboración e presentación de traballos escritos. É utilizado por institucións educativas e centros de investigación en todo o mundo.
MODELOS DE ESTRUTURA
Libro: Apelido do autor/a, INICIAL/IS. [Nome do autor/a]. (Ano de publicación). Título do libro en cursiva. Editorial.
Artigo: Apelido do autor/a, INICIAL/IS. [Nome do autor/a]. (Ano de publicación). Título do artigo: Subtítulo. Título da revista en cursiva: Subtítulo en cursiva, volume en cursiva(número), número de páxina inicial–número de páxina final.
Artigo electrónico: Apelido do autor/a, INICIAL/IS. [Nome do autor/a]. (Ano de publicación). Título do artigo electrónico. Título da revista en cursiva, volumen en cursiva(número), (número de página inicial–número de página final). URL
Capítulo ou parte dun libro: Apellido del autor/a, INICIAL/IS. [Nome do autor/a]. (Ano de publicación). Título do capítulo ou parte. En INICIAL/IS. [Nome do autor/a] Apelido do autor/a, Título do libro en cursiva (pp. número de página inicial–número de página final). Editorial.
Blog: Apelido do autor/a, INICIAL/IS. [Nome do autor/a]. (Data de publicación). Título do apunte [entrada do blog]. Título do blog en cursiva. URL
Base de datos: Autor/a (se consta). (Ano de edición). Título da base de datos [base de datos en liña]. URL
Páxina web: Entidade responsable. (Ano da última actualización). Título da páxina web en cursiva. URL
Video: Apelido do autor/a, INICIAL/IS. [Nome do autor/a]. [Alias]. (Data de publicación). Título do vídeo en cursiva [vídeo en línea]. Productora ou Canal de publicación. URL
Intelixencia artificial: Entidade responsable. (Ano edición). Nome da ferramenta en cursiva. (versión) [descrición adicional]. URL
Énlaces a bibliografía de APA
ISO 690
ISO 690 é a norma ISO (Organización Internacional de Normalización) que proporciona as directrices básicas para a preparación de referencias bibliográficas de materiais publicados, como monografías e publicacións seriadas, capítulos, artigos de publicacións seriadas (como revistas e diarios), recursos electrónicos, materiais cartográficos, gravacións sonoras, fotografías, obras audiovisuais, informes técnicos e documentos de patentes. Abarca tanto as referencias a materiais publicados en forma impresa como aos publicados noutros soportes e medios, como os dixitais. Non se aplica a referencias de manuscritos ou outros materiais non publicados, nin a citas legais.
MODELOS DE ESTRUTURA
Libro: APELIDO/S DO AUTOR/A, Nome do autor/a. Título do libro en cursiva. Lugar de publicación: Editorial, ano de publicación. ISBN..
Artigo: APELIDO/S DO AUTOR/A, Nome do autor/a. Título do artigo. En: Título de la revista en cursiva. Ano de publicación. Vol., n.º, páxs. número de páxina inicial─número de páxina final. ISSN.
Artigo electrónico: APELIDO/S DO AUTOR/A, Nome do autor/a. Título do artigo electrónico. En: Título da revista en cursiva [en liña]. Ano de publicación. Vol., n.º, págs. número de páxina inicial─número de páxina final. ISSN [consulta: ]. Dispoñible en: URL
Capítulo ou parte dun libro: APELIDO/S DO AUTOR/A, Nome del autor/a. Título do capítulo ou parte. En: APELIDO/S DO AUTOR/A, Nome do autor/a. Título do libro en cursiva. Lugar de publicación: Editorial, ano de publicación. Páxs. número de página inicial─número de página final. ISBN.
Blog: APELIDO/S DO AUTOR/A, Nome do autor/a. Título do apunte [en líña]. Título do blog en cursiva. Data de publicación [consulta: ]. Disponible en: URL
Base de datos: APELIDO/S DO AUTOR/A, Nome do autor/a ou ENTIDADE. Nome da base de datos en cursiva [base de datos en liña]. Dispoñible en: URL
Páxina web: Título da páxina web en cursiva [en liña] [data de consulta: ]. Dispoñible en: URL
Video (Youtube ou Vimeo): NOME DE USUARIO. Título do vídeo en cursiva [vídeo en liña]. Ano de publicación [consulta: ]. Dispoñible en: URL
Énlaces a bibliografía da Norma ISO 690
Outros
Wikipedia: Citar Wikipedia (s.d.). Wikipedia. Recuperado o 15 de abril de 2020, de https://es.wikipedia.org
Diccionario biográfico español DB-e: Apelido(s) do autor, Nome do autor, «Personaxe», en Real Academia de la Historia, Diccionario Biográfico electrónico (en red, http://dbe.rah.es/ ou citando a URL que aparece no navegador cando se accede a cada personaxe concreto)
Editar a partir de plantillas
Franxa Enlaces a Datos e catálogos: Hai que eliminar os botóns que non se vaian a usar nesa ficha. Despois hai que modificar os enlaces de cada botón e meter o enlace que corresponda.
Cadro de texto coa ficha das biografías: Hai que cubrir a ficha da dereita e substituír "Texto bio" por un pequeno texto da biografía