Galiciana Patrimonio Dixital de Galicia
Agregador de patrimonio dixitalizado
Galiciana é un proxecto impulsado pola Xunta de Galicia e no que participan outras institucións da memoria da Comunidade, o que o converte no maior directorio e recolector de patrimonio cultural de Galicia.
Galiciana facilita o acceso, a través dun portal único, a contidos dixitais recompilados e xestionados nas institucións correspondentes, que participan voluntariamente permitindo a recolección dos seus repositorios baseados no estándar OAI- PMH. A colección está formada por unha gran variedade de libros, xornais, revistas, documentos de arquivo, fotografías, mapas, etc.; que se recompilan grazas a proxectos de dixitalización que buscan, non só preservar o patrimonio cultural, senón difundilo entre a cidadanía.
Galiciana forma parte do proxecto Hispana, que se encarga de agregar os obxectos dixitais das institucións da memoria españolas e que á súa vez é colleitado por Europeana, que é o portal do patrimonio cultural europeo que conta con máis de 50 millóns de obras de arte, obxectos, libros, vídeos e sons de toda Europa.
https://www.galiciana.gal/arpadhub/gl/inicio/inicio.do
Galiciana Biblioteca Dixital de Galicia
Catálogo de patrimonio bibliográfico e biblioteca dixital
Galiciana é a biblioteca dixital de Galicia impulsada pola Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e xestionada pola Biblioteca de Galicia. O proxecto ten como obxectivo a dixitalización dos fondos bibliográficos máis relevantes para Galicia. A súa finalidade é lograr a máxima visibilidade dos recursos dixitais integrados nela e a interoperabilidade cos principais proxectos de dixitalización existentes hoxe en día (Hispana e Europena).
https://biblioteca.galiciana.gal/es/inicio/inicio.do
Galiciana Arquivo Dixital de Galicia
Arquivo dixital
Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia é a plataforma de xestión dos centros integrados no Sistema de Arquivos de Galicia que proporciona datos recolectables a Galiciana. Patrimonio Dixital de Galicia e, a través dela, aos principais servizos de agregación e recolección nacionais e internacionais como Hispana, Europeana ou OAIster.
https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/inicio/inicio.do
Minerva
Biblioteca dixital
Minerva é o repositorio institucional da Universidade de Santiago de Compostela. Creado para albergar, difundir en acceso aberto e preservar os documentos derivados da actividade institucional, científica e docente dos membros da comunidade universitaria, inclúe tamén a dixitalización do patrimonio documental da USC.
Cultura.gal
Axenda cultural
Axenda cultural de Galicia da Consellería de Cultura. Permite restrinxir por localidade., sendo tamén un recurso local
Álbum de Galicia
Diccionario biográfico
O Álbum de Galicia é unha colección dixital de biografías de persoas que destacaron en moi diversos ámbitos: desde a sociedade, a ciencia, a cultura ou a empresa. O obxectivo do Consello da Cultura Galega é dar visibilidade e perspectiva de conxunto ás numerosas mulleres e homes, xa finados, que contribuíron de maneira significativa á sociedade galega ao longo da súa Historia
https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/index.php
Álbum de mulleres
Diccionario biográfico
Un centro de documentación dixital para divulgar e investigar as contribucións das mulleres á sociedade e cultura galegas.
https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/coleccion.php?etiqueta=6437
Libros do Consello da Cultura Galega
Biblioteca dixital
Publicacións do Consello da Cultura Galega con exemplares dixitalizados
https://consellodacultura.gal/libros.php
Biblioteca Virtual Galega
Biblioteca dixital
Da Universidade da Coruña e a deputación provincial, accesible a través de Internet, estreada no ano 2002
Pintores de Galicia
Biobibliografía especializada
Bibliografía da arte realizado en Galicia, comprenden unha relación de libros, textos e catálogos relativo aos artistas, as exposicións e publicacións realizadas en Galicia ou referidas a artistas de orixe ou residencia en Galicia.
http://www.pintoresgallegos.com/
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Centro de documentación
Centro de documentación
O Centro de Documentación de Escritores Galegos nace co obxectivo de conservar e pór á disposición dos investigadores/as e de todas as persoas interesadas desde todas as culturas, aqueles materiais xerados polos escritores e escritoras en lingua galega, así como a súa actividade social: obra de creación e de investigación, obra crítica e calquera outro tipo de documentación que poida enriquecer o coñecemento do feito literario en galego.
https://www.aelg.gal/centro-documentacion
Directorios e novas sectoriais do Consello da Cultura Galega
Cultura Galega AVG Audiovisual Galego
https://culturagalega.gal/avg/
Cultura Galega LG3 Literatura
https://culturagalega.gal/lg3/
Cultura Galega Música
https://culturagalega.gal/mega/
Cultura Galega Artistas
https://culturagalega.gal/atalaia/
Cultura Galega Banda Deseñada
Cultura Galega Roteiros
https://roteiros.culturagalega.gal/
Arquivo Sonoro de Galicia
https://consellodacultura.gal/area2.php?arq=4
https://consellodacultura.gal/paxina.php?id=7474&tipo=paxina&arq=4
Mapa Sonoro de Galicia
http://mapasonoro.consellodacultura.gal/
Mapa Cultural de Galicia
http://mapas.consellodacultura.gal/icultura/
Patrimonio Galego
Catálogo de Patrimonio cultural
patrimoniogalego.net é un Sistema de Información Xeográfica (SIX) construído a partir de WordPress. O obxectivo é elaborar un Catálogo Social do Patrimonio Cultural galego, estruturado por comarcas, concellos, pero no que tamén podes recuperar a información por tipo de ben cultural, por cronoloxía… É como unha Wikipedia do Patrimonio.
Memorias vivas - Grupo de Investigación HISPONA (Historia Política e dos Nacionalismos).
Recursos, bases de datos e roteiros
O Grupo de Investigación HISPONA (Historia Política e dos Nacionalismos) é un equipo de investigación da Universidade de Santiago de Compostela, situado entre os de maior produción científica da institución no ámbito das Humanidades. Os seus membros centran os seus estudos en aspectos políticos, culturais e sociais do mundo urbano do século XX, o que se concreta nas seguintes liñas de estudo: nacionalismos e procesos de nacionalización en España e Galicia; historia social e cultural da guerra e da violencia en España e Europa no século XX; Guerra Civil e primeiro franquismo: conflito, violencia e represión; políticas da memoria no século XX; migracións e cambio social en España e Galicia; partidos, ideoloxías e dinámicas sociopolíticas en España e Galicia; e historiografía e nacionalismo, séculos XIX e XX.
https://hispona.org/
Galiza Emocional
https://www.galizaemocional.gal/
Proxecto Nós Lingua Galega
Proxecto lingüístico con IA
O Proxecto Nós: O galego na sociedade e na economía da Intelixencia Artificial vai xerar os recursos necesarios para colocar o galego na vangarda das Tecnoloxías Intelixentes, nomeadamente naquelas áreas relacionadas coas Tecnoloxías Lingüísticas e, de modo xeral, na sociedade e economía da Intelixencia Artificial.