Fundación Eugenio Granell

A Fundación Eugenio Granell inaugurouse en Santiago de Compostela no ano 1995 co obxectivo de fomentar o estudo e a difusión da obra do artista Eugenio Granell e do movemento surrealista.

A Fundación, emprazado no Pazo de Bendaña, consta dunha colección - museo de varios autores, exposicións temporais e un departamento pedagóxico que organiza obradoiros e outras actividades.

Nome: Fundación Museo Eugenio Granell

Tipo: Fundación; Museo.

Datas (Fundación): 1995

Fundador: Eugenio Fernández Granell; Concello de Santiago.

Sede: Pazo de Bendaña.

Dirección: Praza do Toural, s/n.

Coordenadas: 42º52'39.9"N 8º32'40.9"W.

Páxina Web: https://www.fundacion-granell.gal/

A Fundación Eugenio Granell naceu tras a firma dun convenio entre o concello de Santiago de Compostela e o artista que da nome á entidade en cuestión, orixinario de A Coruña pero habitante da cidade apostólica durante boa parte da súa vida (e da cal foi nomeado fillo adoptivo en 1997).

O emprazamento:

O Pazo de Bendaña sitúase no centro da cidade de Compostela, na Praza do Toural. Foi construido polo arquitecto Clemente Sarela durante a primeira metade do século XVIII, en plena reforma urbana promovida polo arcebispado e iniciada coa transformación da catedral.

O edificio consta cunha altura de tres plantas e un frontispicio típico do barroco de placas compostelán. Coroando o centro da fachada, un Atlas que sostén o globo terráqueo álzase ante a ampla praza, e baixo el atópase o gran escudo co emblema do Marquesado de Bendaña.

No interior do edificio, un dos elementos máis característicos son as escadas monumentais de estilo francés.

Durante varios anos, o pazo foi a sé do Círculo Mercantil e Industrial de Santiago de Compostela, pasando a formar parte da Fundación - Museo no ano 1995.

O artista:

Eugenio Granell foi un pintor e escritor que naceu o 28 de novembro de 1912 en A Coruña, aínda que pronto se trasladou a Santiago, onde viviu ata que en 1928 marchou a Madrid para estudar na Escola Superior de Música. Unha vez na capital, Granell pronto entrou en contacto con círculos intelectuais e participou en múltiples tertulias literarias e políticas, até que finalmente ingresou no Partido Obreiro de Unificación Marxista (POUM). Sería nun acto político do partido onde coñecería a Pierre Mabille, quen o achegaría ao movemento surrealista, o cal estaba a ter un importante crecemento en Francia.

Co estoupido da guerra civil en 1936 ingresou nas milicias republicanas e dirixiu o xornal comunista El Combatiente Rojo, algo que, tras a vitoria do bando sublevado no ano 1939, obrigoulle a marchar ao exilio en Francia.

Unha vez alí, Granell mantivo contacto co líder do surrealismo, André Breton, a quen entrevistou en 1941 para o xornal La Nación. Este acontecemento acabaría por comprometelo definitivamente con dito movemento artístico. En Francia tamén coñeceu á que acabaría sendo a súa muller, Amparo Segarra, coa que marchou a vivir a Ciudad Trujillo, en República Dominicana. Alí tería lugar a súa primeira exposición na Galería Nacional de Bellas Artes. Dende entón, a súa produción artística non cesaría.

Tras vivir en Suramérica mudouse a EEUU, onde tamén coñeceu ao reputado Marcel Duchamp en 1958.

Finalmente, Granell voltaría do exilio a España no 1985, onde asistiu ao progresivo recoñecemento da súa figura como unha das máis importantes do surrealismo español, recibindo premios tales como a Medalla de Oro de las Bellas Artes ou a Medalla de Ouro de Galicia, e acordando co Concello de Santiago o establecemento dunha colección permanente da súa obra.

A Fundación:

Actualmente, os fondos da Fundación están constituídos por varias coleccións, tanto de Eugenio Granell (as cales son expostas no primeiro andar) como de outros artistas surrealistas ou afíns ao movemento, entre os que podemos atopar nomes tan recoñecibles como Marcel Duchamp, Max Ernst, Joan Miró ou Julián Calero Gómez (que se expoñen temporalmente no segundo andar).

No terceiro andar atópase unha biblioteca que conta con tres fondos distintos: a Biblioteca e Arquivo Eugenio Granell, a Biblioteca Phillip West e a Biblioteca Museo. Nela gárdase parte da correspondencia que o artista mantiña con Breton, mais tamén con antigos camaradas de POUM durante a guerra.

Bibliografía:

Imaxes:

  1. Graeme Churchard from Bristol (51.4414, -2.5242), UK, Santiago de Compostela, Spain-24 (8611596122), CC BY 2.0