Eugenio Granell

1.Sinatura de Granell

Eugenio Fernández Granell (1912-2001) foi un pintor surrealista nacido na Coruña o 28 de novembro de 1912 no seo dunha familia burguesa acomodada, aínda que a súa infancia transcorreu en Santiago de Compostela.

Durante a súa xuventude, Granell participou en faladoiros políticos e literarios e estableceu amizade con persoas que serán claves na intelectualidade galega, como Manuel Antonio, Carlos Maside, García-Sabell, ou o fotógrafo Ksado.

Nome completo: Eugenio Fernández Granell

Datas: 1912-2001

Lugares: A Coruña-Madrid

Campo de actividade: Pintura; Escultura; Literatura; Ensino

Grupo asociado: Surrealismo;

Ocupación: Pintores; Escultores; Escritores; Profesores

Lingua: Español

Granell iniciou a súa vida artística como violinista e, de feito, foi estudar Música a Madrid. Será na capital de España onde Fernández Granell se involucre politicamente e se una ao POUM (Partido Obrero de Unificación Marxista). Será precisamente nun acto político onde Granell coñece a Pierre Naville, o que será o seu primeiro contacto co Surrealismo.

Tras a Guerra Civil, temeroso de sufrir represalias polas súas ideas políticas e actividade artística, Granell decidiu emigrar á República Dominicana, logo de lograr escapar de varios campos de concentración en Francia e ser rexeitado en Chile.

Será na República Dominicana onde, en 1941, empezou a facer obras pictóricas e a súa primeira exposición colectiva terá lugar en 1943 na Galería Nacional de Belas Artes e no Ateneo Dominicano. Posteriormente, presentará unha exposición individual cunhas dúascentas obras súas na Galería Nacional de Belas Artes de Santo Domingo. Dende o primeiro momento as obras de Granell eran surrealistas, algo que se acentuaría se cabe aínda máis despois de que en 1949 nunha entrevista para o xornal La Nación, Granell coñecese a André Breton, autor do Manifesto do Surrealismo (1924) e considerado como o fundador e máximo expoñente do Surrealismo.

2.El barco perdido en el desierto

Posteriormente, Eugenio Granell decidiu marchar da República Dominicana e viviu en Guatemala e Porto Rico ata que en 1956 mudouse a Nova York, cidade na que traballaría como profesor de literatura española no Brooklyn College ata que se xubilou en 1985. Nesa cidade doutorouse tamén en Socioloxía e publicou a súa tese El Guernica de Picasso. El fin de una era española.

Ademais, alí tamén coñeceu en 1958 a Marcel Duchamp, que levará a Granell a reforzar a súa actividade como pintor surrealista. Granell escribiu obras como El clavo, Federica no era tonta y otros cuentos, etc...

2.De Norte a Eon

Xa xubilado, Eugenio Granell e a súa esposa volveron a Madrid, cidade na que recibiu a Medalla de Ouro das Belas Artes (galardón concedido polo Consello de Ministros) ou a Medalla de Ouro do Círculo de Belas Artes. En 1995 estableceuse en Santiago de Compostela a Fundación Eugenio Granell, que alberga unha colección de obras do propio artista e, a partir de 1997, tamén obras doadas polo artista surrealista Philip West.

En 1997 Granell foi nomeado fillo adoptivo de Santiago de Compostela e concedéuselle a Medalla de Ouro ao Mérito Cultural de dita cidade.

Eugenio Fernández Granell faleceu en Madrid o 24 de outubro de 2001 e, a título póstumo, a Xunta de Galicia concedeulle a Medalla de Ouro de Galicia 2001 pola súa traxectoria artística.

Bibliografía:

Imaxes:

  1. Sinatura de Eugenio Granell: Lameiro, Granell (Eugenio) 01-01r (Ourense, A Fundación), CC BY-SA 4.0

  2. El barco perdido en el desierto: Reproducción electrónica. Santiago de Compostela : Fundación Eugenio Granell : Biblioteca de Galicia, 2011 en Europeana marcado como dominio público, para máis detalles véxase CC0 1.0

  3. De Norte a Eon: Reproducción electrónica. Santiago de Compostela : Fundación Eugenio Granell : Biblioteca de Galicia, 2010 en Europeana marcado como dominio público, para máis detalles véxase CC0 1.0