Agustín Magán Blanco

1.Agustín Magán

Agustín Magán (Santiago de Compostela, 1918-1998) foi un actor, director e autor teatral galego que potenciou o teatro afeccionado.

En 1960 fundou o grupo DITEA (Difusión do Teatro Afeccionado) co que tratou de facer bo teatro na cidade compostelá e, para iso, xuntouse cun grupo de actores afeccionados que tiñan o mesmo obxectivo. Neste grupo comezaron grandes actores galegos como é o caso de Luís Zahera ou Xosé Manuel Olveira.

Nome completo: Agustín Magán Blanco

Datas: 1918-1998

Lugares: Santiago de Compostela-Santiago de Compostela

Campo de actividade: Teatro

Grupo asociado: Ditea

Ocupación: Actores; Directores de teatro

Lingua: Galego

Agustín Magán escribiu un número considerable de obras que representou co seu grupo de teatro, pero non todas foron publicadas. Estas obras conseguiron multitude de premios como o Premio Ateneo de Ferrol en 1978 por Mesmo semellaban bruxas; en 1980 coa obra Alias Pedro Madruga recibiu unha mención no último Certame Abrente; non será ata dez anos despois que consiga o seguinte premio coa obra Deus mandou S. Tiago, Premio do Certame literario Galaico-Portugués.

Durante o franquismo continuou o seu labor teatral en galego, tanto as súas propias obras como traducións de obras clásicas. Así, representou obras de Lope de Vega, Calderón de la Barca ou Pirandello.

En decembro de 2012 abriuse un novo teatro en Santiago de Compostela, no Centro Sociocultural de Santa Marta, que acolleu unha sala para o teatro amateur, sempre a disposición de todos os grupos afeccionados de Compostela. Esta sala leva o nome de Sala Agustín Magán, en memoria do creador do grupo DITEA.

Bibliografía:

Imaxes:

  1. Agustín Magán: