Luis Zahera

1.Luis Zahera

Xosé Luís Castro Zahera (Santiago de Compostela, 1966), ou máis coñecido como Luís Zahera é un coñecido actor que naceu en Compostela o 12 de outubro de 1966.

Ao longo da súa traxectoria profesional conta cun extenso traballo tanto no cine, coma no teatro e a televisión dende os anos noventa. Acadou gran popularidade a partir do ano 1998 co seu coñecido papel na serie de televisión da TVG Mareas Vivas (1998-2003), onde interpretaba o papel de Petróleo.

Nome completo: Xosé Luís Castro Zahera

Datas: 1966

Lugares: Santiago de Compostela

Campo de actividade: Cine; Teatro; Televisión

Grupo asociado:

Ocupación: Actores

Lingua: Galego; Castelán

Carreira artística

A súa carreira desenvolveuse fundamentalmente en Galicia, destacando personaxes episódicos na serie Pratos combinados (1995), papeis fixos nalgunhas series como Matalobos (2012) ou as súas intervencións no programa televisivo Luar, nas temporadas 1997-1999 e 2003-2008

Non obstante, nos últimos anos e sobre todo a partir do ano 2000 tamén realizou algunhas colaboracións interpretando personaxes episódicos en series de fición de ámbito estatal como por exemplo Hospital Central (2004 e 2007) ou o Comisario (2000), pero tamén papeis fixos nas series: A familia Mata (2008-2009), ou Piratas: O tesouro perdido de Yánez o Sanguinario (2011) Asimesmo, tamén tivo algúns papeis na gran pantalla, dende o seu debut no cine coa película Divinas Palabras de Xosé Luís García Sánchez á que seguiron outras como a película Alatriste, Cela 211, O ano da carracha, O lapis do carpinteiro, basada na novela de Manuel Rivas, os luns ao sol (2002), os lobos de Arga (2011), 23-F: A película (2011) ou Spanish Movie (2009)

Ademais, tamén participou en numerosas curtametraxes, a maior parte delas galegas, destacando O matachín, Galácteca: A conquista da vía láctea ou 1939, un berro no silencio

Por outra banda, no teatro interpretou un extenso número de obras. A primeira delas foi Días sen gloria no ano 1991 baixo a dirección de Roberto Vidal Bolaño

Galardóns

Ao longo da súa carreira de intérprete recibíu numerosos premios e galardóns tanto a nivel estatal como autonómico, entre os que destaca como gañador dos seguintes:

- Premios Mestre Mateo: Mellor Actor de Reparto por Todo é silencio no ano 2012; Mellor Actor de Reparto por Cela 211 no ano 2009; Mellor Actor de Reparto por Concursante no ano 2007; Mellor Actor de Reparto por o Ano da carracha no ano 2004; e Mellor actor de reparto por El Reino.

- Festival de Cine de Alcalá de Henares: Premio ao mellor actor por Unha luz encendida, no ano 1999.

- Premio do xurado á mellor interpretación masculina por Conversa cunha muller morta no IX Festival de Cans, no ano 2012.

- Premios Goya: Mellor actor de reparto por El Reino en 2018

Bibliografía: