Xosé Luis Bernal López "Farruco"

1.Farruco

Xosé Luís Bernal López, máis coñecido como Farruco, naceu o 15 de abril de 1942 en Santiago de Compostela, concretamente na rúa do Vilar.

De neno estudou no colexio das Orfas, máis tarde no colexio Peleteiro e tamén traballou xunto ao seu pai na ferraxaría El Yunque.

Sen lugar a dúbidas, Xosé Luís Bernal “Farruco” destaca pola súa faceta humorística e artística, sendo moi coñecidos os seus monólogos humorísticos en galego. Tamén cómpre destacar que é irmán do xornalista Diego Bernal.

Nome completo: Xosé Luis Bernal López

Datas: 1942

Lugares: Santiago de Compostela

Campo de actividade: Radio; Cine; Televisión

Grupo asociado: 

Ocupación: Actores; Presentadores; Humoristas

Lingua: Galego

Ten colaborado en numerosos medios de comunicación así como tamén participou en diversos filmes e series televisivas. Deste xeito colaborou en medios como a Cadena Ser, Onda Cero, a Cadena Cope ou a Radio Galega, e como actor participou en filmes como Entre bateas, Divinas Palabras, A vida que che espera e Sei quen es. A vida profesional de Farruco tamén estivo moi ligada á TVG, onde presentou o programa Vivir aquí e participou en series como Terra de Miranda. A súa intervención en Terra de Miranda valeulle para ser nominado no 2002 ao premio Mestre Mateo como mellor actor de reparto.

Mentres estaba facendo o servizo militar en Montelarreina (Zamora) Farruco foi encarcerado e sufriu un consello de guerra por “indisciplina”, sendo degradado de alférez a cabo e condenado a estar sete anos no Aaiún, no Sáhara. Tan só a intermediación do cardeal Quiroga Palacios o eximiu de ter que cumprir esta pena. Ademais, uns anos máis tarde logo dunha actuación artística Farruco foi levado ante o Tribunal de Orden Público por chamarlle Cantinflas a Franco.

Bibliografía: