Benigno Amor Rodríguez

1. Benigno Amor

Benigno Amor Rodríguez (Santiago de Compostela, 1937 - ibídem 2009) foi un avogado e administrador de fincas, así como o fundador da axencia inmobiliaria Amor, que adicou boa parte da súa vida a crear e manter o Museo Casa da Troia, de xeito que buscou financiamento entre as institucións públicas e mesmo aportou capital propio para ver cumprido o seu soño.

Benigno foi un compostelán comprometido coa súa cidade, pola que traballou con iniciativas tanto profesionais como persoais.

Nome completo: Benigno Amor Rodríguez

Datas: 1937-2009

Lugares: Santiago de Compostela

Campo de actividade: Dereito

Grupo asociado:

Ocupación: Empresarios

Lingua:

O Museo da Casa da Troia

Con esforzo, Benigno conseguiu facer un soño realidade. Logrou que os descendentes de Xacobo Gil Villanueva (Don Servando na novela A Casa da Troia), reitor da Universidade de Santiago a finais do XIX, lle vendesen o antigo mobiliario da familia para acondicionar a casa. Ademais, viaxou en repetidas ocasións ao municipio lucense do Incio, co propósito de conseguir as vigas de castiñeiro que, na actualidade, recobren o chan da vella pensión de estudantes. Tamén mantivo contactos cos antigos tunos doutras cidades galegas e de diferentes puntos de España para manter viva unha época que foi entrañable para a universidade e para a cidade compostelá.

Asimesmo, tamén promoveu a Asociación de Antigos Tunos, unha entidade da que foi o presidente e dende a que impulsou a rehabilitación da Casa da Troia. Tamén cabe sinalar que, como presidente loitou pola pervivencia e dignificación destas agrupacións estudiantís universitarias, mediante a celebración de encontros de troianos, festivais de tunos e outras iniciativas culturais como a edición de libros arredor do mundo da estudantina.

Ao longo da súa vida exerceu profesionalmente como asesor xurídico e foi profesor da Escola de Práctica Xurídica da USC, así como directivo dos colexios de Axentes da Propiedade Inmobiliaria e de Administradores de Fincas.

Faleceu en Compostela o 12 de abril de 2009 aos 71 anos tras unha longa enfermidade.

Bibliografía:

Imaxes:

  1. Benigno Amor: