Os nosos proxectos

"Xabón caseiro"

A obtención de xabón é unha das sínteses químicas máis antigas. Fenicios, gregos e romanos xa usaban un tipo de xabón que obtiña fervendo sebo de cabra cunha pasta formada por cinzas de lume de leña e auga ( potasa).

Ao longo dos séculos fabricouse de forma artesanal, tratando as graxas, en quente, con disolucións de hidróxido de sodio ou de potasio. Aínda, hoxe en día, faise en casa a partir do aceite que sobra cando se friten os alimentos.

Se queres facer unha pequena cantidade de xabón só necesitas aceite usado, auga e sosa cáustica , produto que se pode comprar nas droguerías.