Os nosos proxectos

"Ollo cos ovos"

Continuamos no club de ciencias usando alimentos nas nosas investigacións e experimentacións, polo que decidimos saber máis sobre os ovos.

Ovo frito sen calor

O alcol reacciona coa albúmina, unha proteína que contén o ovo e encárgase de que a clara pase de estar de cor transparente a branco. A reacción química, chamada desnaturalización, é similar á que se provoca aplicando calor, pero lembra que este ovo.

NON É COMESTIBLE!

Ovo saltón

As moléculas do vinagre, reaccionan coas moléculas de carbonato cálcico, que é o principal compoñente da casca do ovo. Como resultado libérase dióxido de carbono, (as burbullas de gas que observamos ao comezo) e fórmase acetato de calcio.

Coa cantidade de vinagre suficiente desaparece toda a casca de ovo, pasadas 48 h.

Ovo metálico

Ao realizar este experimento do ovo metálico o que observamos débese á reflexión total da luz. A casca do ovo mergullado non chega a mollarse, porque a graxa da feluxe repele a auga. A delgada capa de aire que queda entre a auga e a casca, produce a reflexión total, e produce a ilusión que o ovo é de prateado.

BRILLANTE!

ERRAMOS NA EXECUCIÓN, VOLTAREMOS!

Ovo estable

O ovo mantense en pé porque cambiamos o seu centro de gravidade. Ó ser un material tan lixeiro, o centro de gravidade de todo o ovo será en realidade o do sal ou ben do azucre que introduzamos dentro. Por iso, se deixamos, o sal ou o azucre, almacenado na parte inferior, ese será o seu centro de gravidade e manterase apoiado nel aínda que lle deamos pequenos golpes. Con todo, se movemos a area cara a un lateral, o centro de gravidade volverá cambiar e xa non poderá manterse de pé.

Outr@s: