Actividades


Visita á Estación de Bioloxía Mariña da Graña

A Estación de Bioloxía Mariña da Graña é unha institución científica pertencente á Universidade de Santiago de Compostela que está situada na parroquia da Graña, no concello de Ferrol. A finalidade desta institución é a ensinanza e investigación da bioloxía mariña.

Na nosa visita, puidemos comprobar de primeira man como é o día a día dos científicos que traballan na Estación. Vimos como é o equipamento de mergullo e as diversas mangas que empregan para mostraxe, así como os distintos laboratorios, acuarios e aparellos de investigación, incluíndo un laboratorio específico para extracción de ADN. Tamén coñecemos as diferentes investigacións que se están a levar a cabo neste momento, e incluso puidemos empregar os microscopios e lupas para observar algunhas das mostras coas que estaban a traballar.

Gracias á atención e amabilidade do persoal da Estación, a visita resultounos moi interesante e amena, polo que lle agradecemos a oportunidade de vivir unha experiencia tan enriquecedora.

Sen dúbida esta visita axudará a desenvolver as vocacións científicas do Club!