Tener en cuenta a las siguientes Asociaciones (pincha en las siglas y te lleva a su web):
Asociación de Apoyo a Personas con Diversidad Intelectual (ACEESCA), coa Asociación de Atención a la Parálisis Cerebral y Afines (AMENCER—ASPACE), coa Asociación de Familias de Persoas con Discapacidade Psíquica das Comarcas do Barbanza e Noia (AMICOS), coa Federación galega de asociación en favor das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento (FADEMGA), coa Asociación de Padres de Personas con Parálisis Cerebral – A Coruña (ASPACE), coa Asociación de Pais de Persoas con Trastornos do Espectro Autista da Provincia da Coruña (ASPANAES), coa Asociación en Favor de las Personas con Discapacidad Intelectual de la Provincia de Pontevedra (ASPANAEX) e coa Asociación Pro Personas con Discapacidad Intelectual de Galicia (ASPRONAGA).
A discapacidade intelectual diagnostícase cando se cumpren 3 criterios:
1. Ter un funcionamento intelectual inferior a 70. Esto mídese con diferentes probas de intelixencia.
2. Ter limitacións en tarefas diarias, como por exemplo na linguaxe, na mobilidade, no aprendizaxe, no autocoidado...
estas limitacións tamén se miden con diferentes probas.
3. Que o anterior se produza antes dos 18 anos de vida.
O termo “Persoas con discapacidade” é o que está recoñecido, consensuado e establecido legalmente dentro da Convención de la ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, ratificada por España no 2007 e en vigor dende 2008, e o único que ten validez xurídica real, e explícitamente descrito pola disposición octava da Lei 39/2006 para todas as disposicións normativas elaboradas polas Administracións Públicas no noso País.
A Asociación Americana de discapacidades intelectuais e do desenvolvemento (AAIDD, antes AAMR) recolle na súa 11ª edición (2010) a siguiente definición de discapacidade intelectual:
“A discapacidade intelectual caracterízase por limitacións significativas tanto no funcionamento intelectual, como en conducta adaptativa, tal e como se manifestou en habilidades adaptativas, conceptuais e prácticas. Esta discapacidade orixínase antes dos 18 anos”.
Este enfoque concibe a discapacidade como o axuste entre as capacidades da Persona e o contexto no que ésta funciona e os apoios necesarios.
Para incidir no importante da terminoloxía que utilizamos para referirnos ás Persoas con Discapacidade Intelectual, que é a PERSOA, empregamos o termo Diversidade Intelectual, xa que a nosa Misión, que é Mellorar a calidade de Vida das Persoas con Discapacidade Intelectual das súas familias e da contorna, promovendo o cumprimento dos seus dereitos e favorecendo a súa autonomía e autodeterminación, abrangue potenciar os talentos da Persoa por encima das súas dificultades e que a discapacidade intelectual ou do desenvolvemento é una característica máis, que implica uns apoios específicos na contorna.
Cales son as causas máis comúns da discapacidade intelectual?
Hai 4 factores que poden darse antes, durante ou despois do nacemento.
Trátase de:
1) Algún trastorno xenético como a síndrome de X Fráxil. Estes trastornos transmítense ao neno ou nena no momento da concepción.
2) Trastornos cromosómicos. Os máis frecuentes son a síndrome de Down, a síndrome de Prader-Willi e a síndrome de Angelman.
3) Causas biolóxicas e orgánicas. Aparecen antes, durante ou despois do nacemento:
- As principais causas prenatais son o sarampelo e a rubeola durante o embarazo, o consumo de toxinas ou de certos medicamentos.
- Os factores perinatais son os que se dan durante o alumeamento. Cabe destacar a exposición a toxinas ou infeccións
por exemplo o herpes xenital, a presión excesiva na cabeza ou a asfixia.
- Por último, poden darse algunhas causas despois de nacer como un traumatismo no cráneo ou unha meninxite.
4) Causas ambientais. Estas causas poden darse por carencias alimenticias da nai durante o embarazo, por consumo de drogas ou alcol, ou por non haber atención sanitaria.
A tener en cuenta:
Entre las conmemoraciones orientativas en la Orden de calendario escolar:
3 de diciembre: Día Internacional de las personas con discapacidad.
Otras fechas a tener en cuenta:
21 de marzo: Día Mundial del Síndrome de Down.
Noticias relacionadas: