O castro de Viladonga foi declarado Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia en 2009 e na actualidade é un dos castros mellor conservados e máis visitados de Galicia.
O Museo do Castro de Viladonga abriuse ao público en novembro de 1986. Dedícase á interpretación e explicación do xacemento e á custodia e exposición dos materiais procedentes das sucesivas escavacións. Está situado entre as dúas últimas murallas do lado sueste do Castro, moi preto da súa croa
Visita virtual ao castro: https://www.xunta.gal/ficheiros/museos/visitas-virtuais/viladonga/castro/visita_castro_gl.html
Visita virtual ao museo: https://www.xunta.gal/ficheiros/museos/visitas-virtuais/viladonga/museo/visita_museo_gl.html
Imaxe aérea do castro de Viladonga, co museo ao fondo.