O Castro de Elviña Foi declarado Monumento Histórico Artístico en 1962.
A pesar diso Fenosa instalou unha torre de tendido eléctrico no medio da croa, que foi tirada o 12 de marzo de 2015. Actualmente está sendo conservado.
Estanse a facer novas escavacións e traballos de consolidación incluídos no Proxecto Artabria, do Concello da Coruña e apoiado pola Xunta de Galicia. Dito proxecto ten como finalidade a creación dun parque arqueolóxico dunhas 65 hectáreas dedicado non só á interpretación do sitio, senón tamén á súa contorna rural pouco alterada pola proximidade da cidade.
Como primeiro paso procedeuse á expropiación dunha superficie de 13 hectáreas centrada na croa. Ao proceder á limpeza da vexetación observáronse irregularidades no terreo que con anterioridade non foran advertidas. Nelas leváronse a cabo sondaxes que confirmaron que baixo delas ocultábanse novas murallas castrexas que ampliaban notablemente a superficie coñecida do castro, por riba das catro hectáreas.
Advertíronse tamén novos restos de construcións na ladeira norte da acrópole, indicando que o poboado tiña unha continuidade aínda por delimitar fóra da muralla. Estes novos descubrimentos fano ser considerado un dos castros máis grandes do norte de Galicia.
Atopouse tamén unha nova entrada á croa polo suroeste nun punto no que a muralla ten catro metros e medio de grosor e uns tres de altura conservados, con restos de torres e camiño empedrado, así como unha construción de grandes dimensións no socalco exterior ao muro. Nesa zona, no interior da croa escaváronse algunhas pequenas casas ao redor dunha pequena rúa cun sistema de desaugadoiro datadas no séculos II a I a.C..
Hai cursos, Seminarios, Visitas guiadas do Concello. Programas escolares.
Luis Monteagudo,: "El valle de Elviña y la inmediata meseta de Monte das Arcas [...] contienen un conjunto de valores suficientes para encumbrar a Coruña a la categoría de Ciudad Histórico-turística europea de primer orden con las consiguientes ventajas económicas y superior valoración cultural".