Torreóns defensivos reconstruídos nos anos 80
O castro , composto por tres recintos fortificados, con unha superficie de 24.150 m2. , separados por murallas entre as que destaca a da croa (o recinto máis elevado e central) cunha entrada monumental flanqueada por dous torreóns defensivos semicirculares entre os que se abre unha rampla e escaleiras de acceso empedradas. Nalgúns dos seus tramos, a muralla conservada ten unha anchura e altura superior aos catro metros.
Na zona de socalcos, situada no sueste, pódense observar diferentes construcións, algunhas delas singulares no conxunto da cultura castrexa, como a fonte-alxibe rectangular e o templo do ídolo fálico; tamén se conservan diferentes casas, principalmente de formas cadradas, e a complexa "casa da Exedra" que daría abeiro a familias acomodadas. Ademais, no castro atopouse o famoso tesouro de Elviña (conservado no Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón.)
ESCAVACIÓNS
Nas escavacións realizadas nos anos 2002-2003, atopáronse probas de que o castro era bastante más grande do que se pensaba, con unha extensión aproximada de 7-8 hectáreas e unha poboaación de arredor de 2.000 habitantes cara o ano 50 d.C..
Existen distintas etapas:
A actuación de Monteagudo foi breve, xa que só actuou como director comisario nesta primeira escavación, pero foi suficiente para definir as principais características do asentamento castrexo e definir unha serie de formulacións previas que volverían tomar protagonismo en décadas posteriores na elaboración do Plan Director de Elviña.
José María Luengo foi nomeado director comisario das intervencións realizadas entre 1948 e 1957, durante as que viron a luz gran parte da muralla do recinto superior do xacemento, a croa e os cimentos de varias construcións, como o alxibe e abundantes restos de obxectos, sobre todo cerámicos. Foi na última campaña, en 1953, cando aparecería o Tesouro de Elviña, que hoxe pode verse no Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón.
Debido á importancia e a espectacularidade dos achados, o castro foi declarado Monumento Histórico-Artístico en 1962 e, paradoxalmente, o asentamento sepultouse no esquecemento durante 25 anos.
Porta oriental da croa
A escavación ao lado leste da croa levouse a cabo durante os anos 1947 e 1985, pero os espazos que quedaran sen escavar non foron abertos ata a campaña de 2017-2018. Durante estas escavacións recuperáronse as escaleiras que subían ao adarve e quedaran cegadas na restauración do ano 85, aparecendo tamén as escaleiras ao lado contrario.
Entre estas escaleiras abriríase orixinalmente un "corpo de garda" hoxe desaparecido, que foi reconstruído retranqueando os lenzos da muralla entre as escaleiras e as torres defensivas da porta. Así se recupera a forma habitual dos corpos de garda que acompañan as entradas das murallas dos castros galaicos desta época.
• 1980-1985. Dirixidas por Felipe Senén, estas enfocadas na recuperación do xa descuberto e a busca de novos descubrimentos.
• 2002. Novas escavacións, nelas encontraron probas de que o castro tivera unha extensión aproximadamente de 7 o 8 hectáreas e unha poboación duns 2000 habitantes nos anos 50 d.C.
Porta principal
Proxecto Artabria
Un gran acceso ao recinto comenou a escavarse en 2013 e finalízase en 2017-2018, cando se descubriu a entrada da muralla que mira cara o suroeste, que conecta co camiño de carros que unía a aldea de Castro de Elviña con Feáns.
O que apareceu foi unha estrutura defensiva descoñecida ata agora no mundo castreño galaico, xa que aparecen no só unha senón dúas líneas de torres defensivas, acompañadas das súas correspondentes portas protexendo a entrada do recinto fortificado.