O castro de Baroña aséntase nunha península, polo que responde claramente ao modelo de castro costeiro.
O poboado queda defendido polo mar e as defensas de murallas e foxos situadas no istmo.
A maxestuosidade deste castro non reside nas súas fortificacións ou construcións domésticas senón no seu emprazamento, esa península facilmente defendible.