Coa chegada de maio, son moitas as tradicións en Galicia. Unha delas que imos recuperar é o maio, aí vai unha de flores para darlle forma ao noso maio.
E, como temos prevista a saída ao Sexo, vamos informándonos un pouco da flora e da fauna que podemos atopar ao longo da nosa xeografía.
Como non, a nosa homenaxeadas das Letras Galegas, periodista e feminista, Begoña Caamaño, e outros autores galegos homenaxeados noutros anos.
Abril é o mes no que a primavera comeza a sentirse e, por iso, esta selección. Ademais, neste mes aproveitando outras actividades conmemoraremos o Día da Terra e da Auga, que son en marzo.
Misión Barcelona, tamén a misión de 6º na súa excursión final de curso!
Recomendacións especiais para regalar no Día do Libro, sobre temas variados, álbums ilustrados e natureza, moita natureza.
É o mes escollido para conmemorar un tema, que deberiamos ter presente todos os días do ano, e é o Día da MULLER. O seu papel na sociedade, como foi cambiando ao longo do tempo e principalmente, por que aínda hoxe temos que continuar celebrando este día malia a importante presenza, peso e potencial da figura femenina nas diferentes facetas da vida, a ciencia... E, sobre todo, para entender que non somos tan diferentes, mais ben, todo o contrario. Queremos igualdade!
Propoñemos tamén un libro para entender un pouco máis do que é iso do sistema inmunolóxico, xa que en marzo é o aniversario do Coronavirus.
E para as máis intrépidas/os, un libro de exploradores.
Este mes, ademais do Entroido e de Rosalía de Castro , que se está a traballar por todas as aulas, deixámsovos outras propostas:
Un sobre o xadrez para nenos, xa que está a ser o xogo de mesa rebelación este ano. Outra para saber máis sobre alimentación sá, bacterias malas e como facer cacas "boas". Outro sobre un tema en auxe, e a tarefa, cada vez máis ardua, de deixar de lado os dispositivos electrónicos e dedicarnos tempo físico de calidade. Para aprender máis sobre o corpo humano e como é a vida das persoas desprazadas dos seus fogares, para outros descoñecidos, sen recursos e medios.
Xaneiro, é o mes da paz. Coñecer persoas diferentes de lugares diferentes faranos ver a pouca importancia que supón a procedencia, as características físicas, a relixión... á hora de crear novas amizades.
Castelao é tamén munha figura a lembrar neste mes, pois o 30 de xaneiro conmemórase a data do seu nacemento, como un firme defensor de Galicia, da cultura e do idioma.
Dúas propostas diferentes, unha en inglés e outra sobre nxeñería.
Animámosvos tamén, a ir preparando o mes seguinte, o Entroido!
Comezamos recomendacións lectoras dende a biblio Ferreiroa.
Para decembro, unha selección dos mellores contos relacionados coas diferenzas entre persoas, polo Día Internacional das Persoas con Discapacidade, algúns sobre o peso de poñerlle nome a esas diferenzas e, tamén algún conto sobre para cantar precisamente sobre o mesmo tema. Ademais, un pequeno atlas para coñecer mundo e comprobar de primeira man a diversidade e pluralidade existente ao longo do planeta!