Coa chegada da primavera, nas nosas vilas existía un costume moi especial relacionado coa flor da xesta. Cando a xesta comezaba a florecer, collíanse algunhas pólas e colocábanse nas portas das casas, nos coches ou noutros lugares visibles. A súa flor críase que simbolizaba o Sol, e presentaba a renovación, daba benvida á nova estación, pero tamén se poñía coa crenza de que a xesta axudaba a espantar todo o malo e a atraer a sorte, a alegría e as boas enerxías.
No noso colexio tamén decidimos recuperala, porque nos parece unha fermosa maneira de celebrar a primavera e de manter viva unha parte importante da nosa cultura.
Hoxe serán algúns alumnos e alumnas os que nos conten mellor a orixe deste costume e como o estamos a vivir no cole.
Vai de parroquias!
Neste novo programa, Radio Lavadoiro volve achegarnos historias, iniciativas, novas e pequenas grandes cousas que forman parte do día a día da rapazada e veciñanza.
Convidámosvos a escoitar esta nova entrega e a seguir atentas a todo o que se move nas parroquias. Coñecer o que pasa ao noso redor tamén é unha maneira de facer comunidade.
Vai de parroquias!
Marcos (Sexo), Marcial (ADEGA) e Iván (biólogo), pasaron polo cole 🏫falarnos dun tema moi interesante, e máis aínda despois deste verán, os incendios. Este verán un grave incendio 🔥afectou a varias parroquias de Agolada, poñendo en perigo⚠️ vidas humanas e animais e moitas infraestruturas. Afortunadamente, todo rematou nun gran susto 😱pero a perda biolóxica é incalculable.
Disto nos viñeron a falar🗣️, Marcos falounos de como se sentiu ao ser veciño do Sexo e afectado de primeira man. Marcial, integrante dunha asociación ecoloxista e tamén veciño, comentou como se organizaron xornadas para paliar os efectos das choivas sobre o terreo queimado. E por último, Iván centrouse nas consecuencias dos incendios para os seres vivos da contorna🌱🐗🐀🐇.
De novo, agradecer inmensamente a súa participación e sabiduría!💚
Chegou o día! Hoxe, 13 de febreiro, é o Día Mundial da Radio e non hai mellor ocasión para presentarvos un programa moi especial❤️, dos máis sentidos e agradecidos feitos ata o momento. Unha sorpresa que levamos días agardando contarvos.😬
Participou o alumnado de quinto, pero tamén xente moi importante, as nosas avoas e avós. Persoas con moita experiencia, retranca e sabedoría🧠. Dionisio, Edelmira, Laureano e Olga, encheron a radio de lembrazas, vivenzas e bos momentos, agasallando ao alumnado con anécdotas da súa infancia e dun tempo totalmente afastado do actual.
Este programa enviámolo a Ponte... nas Ondas! unha asociación cultural e pedagóxica que promove actividades relacionadas co Patrimonio Cultural en Galicia e Portugal🗺️, que con motivo do Día da Mundial da Radio publican todas as propostas realizadas polos centros educativos como medio de divulgación. Este ano o tema era "A radio e a IA".
Así, os nosos avós e avoas contestaron a unhas preguntas❓ que logo comparariamos coas respostas ofrecidas pola intelixencia artificial, para valorar quen agocha máis sabiduría.
Deixámosvolo por aquí para que disfrutedes, aprendades, valoredes a importancia de escoitar e pasar tempo cos máis maiores🫂.
Agradecer a Dionisio, Edelmira, Laureano e Olga, o seu tempo e a súa proximidade🤩, e por facer posible unha iniciativa tan fermosa e enriquecedora para nós. Por suposto, ao alumnado e profe de 5º, gracias por colaborar!
Vai de parroquias! Seguimos!🔛
Preguntamos ás nosas rapazas e rapaces de que se van a disfrazar neste Entroido. A ver se adiviñades🔮 cal será o disfrace máis repetido? E o máis orixinal? E máis divertido? E o máis terrorífico?
Escoitade atentas/os!👂
Nestas últimas semanas, houbo moito traxín pola radio📻, mais de momento non podemos adiantar nada🤐.
Somentes podemos dicir que estamos moi orgullosos/as 🥲 por levar a cabo este programa, que supuxo enriquecemento, aprendizaxe e coñecemento das nosas raíces e dos nosos ancestros, pero, sobre todo, encheunos o corazonciño de tenrura😍.
Estamos moi agradecidas/os á nosa Comunidade Educativa e, se é a mellor, dise e punto!
O Día da Candeloria celébrase o 2 de febreiro e é unha data moi importante na tradición galega. Esta festa marca simbolicamente o punto medio do inverno e está relacionada coa observación do tempo.
O alumnado de 4º de infantil recolleu ditos e refráns relacionados con este día nun programa de radio ben interesante.
E, polo que din, parece que o inverno vai fóra! Será verdade?😆
Temos o enorme pracer de presentarvos o primeiro programa dende radio Agolaín chamado Radio Lavadoiro, en relación ao noso proxecto de centro Vai de parroquias!
Este programa ten varias seccións, nas que participa toda a Comunidade Educativa: recomendacións lectoras, novidades das parroquias, o ecorecuncho, anécdotas do cole, preocupacións das familias...
Esperamos que vos guste! E continuade facéndonos chegar as vosas aportacións.