Un pequeno monstro vive dentro dun armario e viaxa nunha burbulla ata chegar ao cuarto dunha nena. O monstro é moi larpeiro e empeza a comer os lunares dos vestidos, pensando que son doces ou boliñas saborosas. Pouco a pouco vai deixando o vestido sen puntos.
E a vós, gustaríavos ter un monstro así no voso armario?
Grazas Cris, mamá de Vega e Sergio, por este conto tan divertido!
Esta é a historia dunha valente nena, que soña con converterse en pirata e formar parte da tripulación do temido Capitán Orella Negra.
Ao principio, os piratas non a aceptan porque pensan que unha nena non pode ser pirata. Para demostrar o contrario, Daniela supera varias probas. Grazas ao seu esforzo, consegue gañar o respecto da tripulación e demostrar que as nenas poden facer o mesmo ca os nenos.
Oxalá no noso cole moitas nenas queiran ser piratas!
Grazas Diego e Cristina, papá e mamá de Xela e Anil, por este conto tan especial!
Hai familias ben atrevidas! Esta do conto decide ir cazar un oso.
Durante o camiño teñen que atravesar herba alta, un río, lama, un bosque escuro e unha tormenta de neve. Finalmente atopan o oso nunha cova, pero asústanse tanto que foxen correndo de volta á casa. Ao final, acordan que xa non queren volver cazar un oso.
Grazas Sonia, mamá de Hugo e Esther, por semellante aventura!
O remate destas xornada púxoo Alfonso, papá de Naia, con Telma, el unicornio, un relato divertido e cheo de ensinanzas sobre a importancia de aceptarnos tal e como somos, valorar a nosa propia identidade e entender que non precisamos cambiar para encaixar ou agradar aos demais.
Grazas de corazón por achegarnos unha vez máis ao pracer da lectura compartida. Foi un verdadeiro agasallo!
Paula, mamá de Aloia, repite experiencia. A súa presenza trouxo á aula risas, atención e moita curiosidade por descubrir a historia de Macario dromedario.
O pequeno dromedario é incapaz de afrontar o comportamento abusivo dos seus irmáns. Por este motivo, chora constantemente e, como resultado, ten unha pequena chepa. Porén, Macario é máis intelixente e demostra que é máis forte.
Que complexas son as emocións na infancia, por iso o alumnado precisan destas lecturas para sentirse acompañado.
Grazas Paula por compartir connosco esta fermosa historia!
Apurando as últimas horas desta semana lectora, chegou Cris, mamá de Lidia, que quixo compartir con nós outro momento de lectura.
A historia elixida foi A mellor sopa do mundo, un conto entrañable que nos fala da importancia de compartir, da colaboración e de como, entre todos, podemos crear algo marabilloso. A través dunha narración sinxela e chea de significado, o alumnado puido entender valores como a xenerosidade, o traballo en equipo e a amizade.
Grazas mami por pasar este anaco de tempo connosco e por compartir este conto tan especial!
A piques de rematar a Semana do Libro recibimos unha nova visita moi especial na biblio. Nesta ocasión, mamá de Fran, achegouse para compartir con nós un tempo de lectura.
Acompañounos en dúas historias cheas de tenrura e aprendizaxes. A través do relato de O dragón Antón e o sapo Rosendo coñecemos a Antón e Rosendo, dúas personaxes moi diferentes que nos embarcan nunha historia rimada para aprender máis sobre a costa galega e os seus lugares máis máxicos na compaña de Antón, Ronsendo, e todos os amigos que coñecerán nesta nova aventura.
Queremos agradecerlle á mamá a súa participación, a súa implicación e o agarimo co que compartiu esta historias con todas nós. Moitas grazas pola túa colaboración!
Durante a sesión, mergullámonos en tres historias moi diferentes. Con Bonitas, descubrimos unha fermosa reflexión sobre a beleza e a importancia de valorarnos tal e como somos. Despois, con Un vampiro peligroso, vivimos unha aventura divertida que nos ensinou que ás veces as aparencias enganan e que non todo é o que parece. Por último, La tienda de los miedos axudounos a falar dos nosos medos, entendelos mellor e mesmo atopar formas de enfrontalos con valentía.
Queremos darlle as grazas esta mami pola súa participación, pola súa dedicación e por achegarnos ao marabilloso mundo dos libros dunha maneira tan próxima e especial. Moitas grazas!
Mónica, mamá de Álvaro, achegouse ao para compartir co alumnado o conto Sígueme, unha historia chea de simbolismo e sensibilidade.
O relato invítanos a acompañar a un pequeno protagonista que, paso a paso, aprende a confiar, a observar e a deixarse guiar. A través dunha narración sinxela e moi visual, o libro fala da importancia de camiñar xuntos, de aprender dos demais e de descubrir o mundo con curiosidade e seguridade.
Gracias por compartir esta especial historia!
El hilo invisible, a historia escollida por Yolanda, mamá de Lía para vir ao cole, conta a historia de Nura, unha nena que descobre un segredo moi especial: todas as persoas estamos unidas por fíos invisibles feitos de amor.
Ao longo do conto, Nura aprende que ese fío a conecta coas persoas que quere, a súa familia, os amigos, mesmo cando están lonxe ou non pode velas. O fío non se rompe nunca, non importa a distancia, o tempo nin as circunstancias. Sempre está aí, unindo corazóns.
Que relato tan emotivo! Moitas gracias por vir!
Nova visita na biblioteca arredor do libro Querémoste profe, grazas a Jose e Sol, papá e mamá de Aurora.
Unha tenra historia que pon en valor a figura do profesorado na vida das crianzas.
O conto amosa o vínculo especial que se crea na aula, feito de confianza, aprendizaxe e afecto. Pequenos xestos, palabras e momentos compartidos constrúen unha relación que vai moito máis alá do ensino, deixando pegada na memoria emocional dos nenos e nenas.
Grazas familia por este conto tan especial!
Recibimos a visita de Vanesa, nai de Alicia, que se achegou á biblio para compartir connosco a lectura do conto Uxía co mar.
A través da historia de Uxía e a súa relación co mar, o alumnado puido mergullarse nun relato cheo de sensibilidade, descubrindo emocións, paisaxes e sensacións. Foi un momento de calma e atención compartida entre as máis pequenas/os.
Gracias por participar! Foi unha sesión fermosa.
Laura, mamá de Vera e Darío, envíanos un conto que nos convida a reflexionar sobre emocións como a tristeza, a nostalxia e a esperanza, entre outras, co fin de intentar extraer sempre o lado positivo de cada situación.
Un libro moi recomendable! Infinitas gracias Laura!
Nesta ocasión tivemos a visita de Margarita, mamá de Mateo, que quixo compartir con nós o conto Mi familia y yo, unha lectura tenra e próxima que nos fala da importancia da familia, dos vínculos afectivos e dos momentos cotiáns que nos unen.
A través das súas páxinas, descubrimos diferentes formas de familia e comprendemos que o máis importante en todas elas é o amor, o coidado e o respecto.
Grazas por participar, foi unha proposta marabillosa!
Vanessa e Jorge, nai e pai de Jorge, xunto coa súa irmá, achegáronse á biblio do cole para narra algunhas das aventuras agochadas no libro de Bruxas e dragóns. Un libro-xogo onde as personaxes van superando conflitos e medos.
Un libro moi entretido!
Esta familia, ademais, agasallounos cun exemplar para o cole! Que sorte temos coas nosas familias!
Gracias infinitas a estes tres participantes!
Jose, papá de Gael, soubo elexir moi ben o seu conto! A que sabe a lúa, a fermosa aventura duns animaliños curiosos por saber cal era o sabor do satélite da Terra. E fíxoo representándoo nun panel no que cada alumno/a foi colocando un animaliño.
E xa non nos metemos a valorar o seu look, do máis fashion!
Gracias por participar e por facelo tan ben!
As xirafas non saben bailar, ou iso pensábamos! Iván e Teresa, papá e mamá de Xián, viñeron ao cole ensinarlle ao alumnado o ritmo dos animais da selva e contar a historia de Chufa, unha xirafa cos xeonllos tortos incapaz, ou eso cría, de bailar. Animada por un saltón, foi quen de deixar a todos os animais que se riran dela, coa boca aberta.
Un libro con moita rima, e moito baile! Gracias por vir!
Para rematar este luns, Paula, mamá de Xoel e Aloia, participou tamén con dous contos Guapa e Poema al pedo. Dúas propostas arriscadas, pero con gran acollida entre as/os oíntes.
O primeiro, unha cita entre unha bruxa e un ogro. Si, si, como escoitades. De camiño, a bruxa recibe moitas críticas ao seu aspecto, e ela, inxenua, cambia todo aquilo que lle van dicindo. Cando chega xunto ao ogro, este non a recoñece e séntese decepcionado por non ser a mesma persoa ca cando se coñeceran.
E o segundo, o título é esclarecedor. Uns poemas a ese acto tan natural e pudoroso ao mesmo tempo. Polo medio, define o concepto de peido, fai diversas clasificacións... Todo cun único obxectivo, desmitificar a vergoña que ocasiona ese momento, cando representa un acto totalmente natural.
Moitas gracias por vir Paula! Pasámolo xenial!
Mi amigo extraterrestre, a lectura escollida polo papá de Xela e Anil para acompañar a infantil e primeiro ciclo de primaria nesta semana do libro.
Este marabilloso conto narra a historia entre un neno e un extraterrestre que, malia a ser moi diferentes e causarse un pouco de medo mutuamente, acaban sendo grandes amigos.
Que gran lectura! Agradecemos enormemente a Diego a súa participación!
Cris, a mamá de Mateo, preparou un conto ben deportivo, A viaxe do facho olímpico. Un percorrido pola vida dun facho olímpico antes de chegar ao lugar onde se celebran os Xogos Olímpicos.
Este facho vai pasando por moitos espazos, mans e culturas diferentes, o que simboliza a unión de pobos, a solidariedade, o esforzo colectivo e, sobre todo, a paz e convivencia e harmonía.
Gracias Cris por participar! Gran conto para ianugurar esta semana!
Amantes do queixo, tedes uns inimigos declarados: os ratos.
Iso foi o que lle pasou ao Sultán, un amante do queixo, que viu ameazada as súas pertenzas lácteas por estes pequenos roedores.
Cris, mamá de Mateo, cóntanos este fabuloso conto.
Búscase pantasma con experiencia! Para asustar a un neno un tanto traste...
Conseguirían atopala?
Cris, mamá de Vega e Sergio, tráenos esta misteriosa historia.
A quen se lle conte... un vampiro chamado Ladislao, cuxos cairos non están afiados e non consegue dar medo nin morder. Por iso, os demais ríense del e el síntese triste e incomprendido, e iso, que case chega a actor de cine!
Grazas Cris, mamá de Vega e Sergio, un incrible conto.
Unha tenra historia e á vez divertida, arredor de María, unha velliña que trae do monte uns animaliños nunha caixa, causando todo tipo de comentarios sobre o contido da mesma.
Paula, mamá de Aloia e Xoel, amósanos este fabuloso conto.
Caracol está agochado, poderás atopalo?
Unha fermosa aventura dun caracol escondido nas páxinas deste fermoso conto.
Cris, mamá de Sergio e Vera, narra este conto.
A quen lle apetece un delicioso caldo galego? Neste poema de Rosalía de Castro dinos paso a paso como facer un caldo galego, unha comida con ingredientes sinxelos e que representaba a humildade e a pobreza doutras épocas.
Cris, a mamá Enzo C., recítanos este precioso poema.
Na inauguración da casa da mosca chosca, todos estaban preparados e postos á mesa, agardando pola tan desexada torta de amorodos, pero... chegou o oso lambón e papouna dun bocado!
Cris, mamá de Vega e Sergio, contanos este fabuloso episodio da casa da mosca chosca.
Ai... canto se fai por amor! - dixo o porco Farruco. E que gran verdade!
Sonia, mamá de Hugo e Esther, tráenos este marabilloso conto sobre as aventuras de Farruco, coa axuda de Hugo.
Cris, mamá de Sergio e Vega, envíanos un novo conto moi emocionante. Martiño tiña ganas de mexar, pero non quería ir ao baño porque igual despertaba aos Reis. Sería quen de aguantar?
Javier, papá de Enzo C., relátanos unha fermosa lenda do castelo de Amarante (Antas de Ulla), na que revela un importante segredo relacionado tamén co monte Farelo. Escoitade, escoitade!
Cris, mamá de Lidia, nárranos un clásico que sempre convén lembrar.
Cris, a mamá de Lidia, descúbrenos que lle ocorreu ao coelliño branco cando volveu de recoller coles.
Cris, a mamá de Vega e Sergio, relata as aventuras de Farruco, un porco... un tanto tradicional.
Cris, a mamá de Vega e Sergio, repite experiencia. Desta volta a través da figura dun gato larpeiro e astuto.
Cris, a mamá de Mateo, lémbranos a importancia de aceptarnos e querernos tal e como somos.
Cris, a mamá de Vega e Sergio, cóntanos unha aventura sobre o valor da amizade cando máis a precisamos.
Faino moita ilusión presentar esta nova proposta, as lecturas por megafonía, aberta coma sempre a toda a Comunidade Educativa.
Os martes e mércores na Hora de Ler, teredes a posibilidade de virnos ler un conto á megafonía do cole ou enviarnos un audio que logo reproduciremos por ese mesmo medio.
Simplemente, antes de comezar debedes presentarvos, dicir o título do conto e logo... adiante co conto!
Enviade as vosas gravacións ao correo da biblioteca biblioteca.agolada.p@gmail.com