Este 18 de maio fixo todo o cole unha saída ao Sexo 👣 para reforestar🌲a zona que este pasado verán sufríu un incendio. Todas as actividades que se levaron a cabo nesta saída, non serían posibles sen a axuda voluntaria de Marcos, Iván, Martín e Marcial. Así que, dende o equipo de Polos, decoramos estas bolsas de tela para eles, para agradecerlles o seu traballo💚. Polo reverso da bolsa planchamos a silueta da Agolada, feita coa Impresora 3D🖨️.
A cortadora láser Mr. Beam e a impresora 3D Creality K1 non deixan de traballar!🤯🔥 Seguimos argallando cousiñas para esta recta final.... 😉
Hai días que os nenos e nenas das diferentes aulas visitan a sala de Polos Creativos 🤖 e pasan un ratiño divertido xogando😃 cos variados materiais cos que contamos: leggos, xogo de construción, kappla...
Onte os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria plasmaron nas súas camisetas as "Flores radioactivas" ☢️ que facían referencia ao libro As flores radioactivas, 💐de Agustín Fernández Paz. Estas flores foron elaboradas na impresora 3D de Polos Creativos cun PLA especial, que aluma na escuridade. Para elo necesitaron unha plancha e papel de forno, ademais da axuda das profes. Como podedes ver nas imaxes, quedaron xenial!
O pasado martes 17 de marzo os profes tiveron a segunda e última sesión de robótica 🤖. Neste caso, aprenderon a manexar a Impresora Creality 3D coa que contan no centro. Primeiro crearon os seus deseños nas diferentes aplicacións (Ultimate Cura e Thinkercad) para despois poder imprimilas en 3D .
Pasárono moi ben!
O pasado mércores, os nenos e nenas de 5º de infantil pasaron unha sesión da mañá xogando e aprendendo a programar os robots (Earl) na sala de Polos, pasárono xenial!
O pasado luns 23 de febreiro os profes tiveron a primeira sesión de robótica 🖥️. Aprenderon a facer diferentes actividades cos tres tipos de robots que temos na sala de Polos (earl, matata e Mbot), para os diferentes niveis educativos.
Pasárono moi ben, xa están esperando á segunda sesión.
Este luns 23 de febreiro conmemoramos o día de Rosalía no cole📚. A parte das diferentes actividades que se mencionan na pestana da Biblioteca Ferreiroa, dende o equipo de Polos Creativos elaboráronse estes marcapáxinas personalizados co nome e foto de Rosalía, feitos en fieltro de diferentes cores para todo o alumnado do centro, coa cortadora láser.
A semana pasada, o alumnado de 1º de Educación Primaria foi pasar unha sesión de ciencias sociais á aula de Polos Creativos 🏘️.
Xa que están traballando contidos relacionados coas localidades, aproveitaron os ordenadores da aula e buscaron no "Google Maps" as súas casas, o colexio, as rúas de Agolada.... Pasárono moi ben co "Street view".
Para o día 30 de xaneiro, o día internacional da paz, dende Polos Creativos fixemos este modelo que podedes ver á esqueda. É unha peza creada coa Inpresora Creality 3D onde se pode apreciar por un lado a palabra "Paz" e polo outro a palabra "xaneiro".
Fíxemos un modelo para cada clase ☮️.
Polo Nadal, dende Polos creativos elaboráronse unhas "coronas navideñas" especiais para cada comercio de Agolada.
Nas fotos podemos ver como algún bar colocou o agasallo no seu local. Moitas
O 9 de decembro tivemos o primeiro Club de Lectura la Biblioteca Ferreiroa. O libro do que se falou foi: As rapazas de xan. Acompañáronnos nais, profesores/as e mais o autor do libro en cuestión: Manuel Iglesias Turnes. Foi unha velada moi agradable, onde compartimos a experiencia de lelo e comentar as impresións.
Dende Polos Creativos elaborouse o cartel da 1ª Ruada mais un pequeno agasaio para o autor, un marcapáxinas cun pequeno fragmedo do libro.
Celebramos o 3 de decembro como unha oportunidade para lembrar que todas as persoas son valiosas e únicas, con capacidades diferentes que enriquecen a comunidade.
Contamos coa presenza de Álex e Xosé, adestrador e xogador do Dépor da Liga Genuine. Contaron a súa historia, coa que aprendimos que todos podemos participar, compartir e crecer xuntos. Para agradecerlles a súa colaboración neste día, dende Polos démoslles esta bota de fútbol xunto co escudo de Depor.
O 25 de novembro conmemórase en todo o mundo o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, é un día no que recordamos a importancia de seguir loitando e promovendo valores de respecto.
Desenvolvéronse varias actividades no centro destinadas a concienciar ao alumnado da importancia deste día: lecturas, performance, obradoiros...
Cartelería da Biblioteca Ferreiroa
O pasado 24 de outubro inaugurouse a nosa Biblioteca Escolar.
A Biblioteca Ferreiroa conta con difetentes espazos de traballo: zona de préstamo, zona de lecer, zona de consulta... Para facer máis visual todas estas zonas, dende Polos Creativos decidimos crear a cartelería dos difetentes lugares, utilizando a cortadora láser.
Ademais, o noso proxecto de centro deste ano relacionase coas parroquias de Agolada, así que tamén se fixeron, ademais do título, os nomes das diferentes parroquias (Baíña, Santa Comba...) onde se atopaban fotografías antigas das mesmas.