Nesta páxina atoparedes consellos para un uso responsable das Novas Tecnoloxías:
+ PANTALLAS AMIGAS é unha páxina web na que atoparedes un montón de consellos para empregar de xeito seguro as Novas Tecnoloxías.
Entra en Canal youtube Pantallas Amigas, atoparás moitos videos curtos e moi interesantes sobre fenómenos como o Ciberbullying, Grooming, Sexting, Tecnoadicción,...
Tambén atoparedes un apartado titulado "Educar en familia con el ejemplo en el buen uso del móvil". Neste apartado descubriredes un Decálogo de Boas prácticas para Educar co exemplo no uso seguro e saudable do móbil.
+ Guía uso seguro de internet e as redes sociais.
Este documento é unha guía editada pola Xunta de Galicia na que atoparedes os seguintes contidos:
A pegada dixital.
Como protexerte nas redes sociais.
A seguridade nos dispostivos móbiles.
Como crear unha contorno máis segura no mundo dixital.
+ Ciberseguridade de Galicia:
Nesta páxina web da Xunta atoparás recursos moi útiles para estar CIBERSEGURO.
#CiberEsther e outros videoconsellos
As cookies, miguiñas con risco
+ INCIBE: Instituto Nacional de Ciberseguridade.
Nesta páxina web poderedes atopar videos e información moi útil para estar o día dos riscos de internet (phishing, smishing, catfishing, secuestro de cookies de sesión,...) e para coñecer como protexerte dos mesmos.
Ademáis tes a túa disposición o teléfono gratuíto do Incibe, o 017 operativo todos os días do ano de 8:00 a 23:00 para proporcionar atención e axuda nos temas relacionados coa seguridade na vida dixital persoal.
+ Axencia Española de Protección de datos.
Este é unha axencia que depende do Estado Español e na que atoparedes videos e guías moi útiles para protexerse no mundo dixital.
"TÚ decides en internet" é o canal xove da Axencia Española de Protección de datos no que se pode consultar información e material dirixido a alumnado, docentes e pobación xeral respecto a cuestións relativas a privacidade e a protección de datos dos menores. Se tes problemas contacta a través dos seguintes medios:
TELÉFONO: 900293621
WHASTAPP: 616172204
CORREO ELECTRÓNICO: canaljoven@eapd.es
Gustaríame destacar un recurso destinado a denunciar publicacións en internet con contido sexual ou violento: # CANAL PRIORITARIO.
A FUNDACIÓN MAPFRE e a POLICÍA NACIONAL elabraron unha guía para axudar a previr situacións perigoras en internte: condutas adictivas a internet e a xogos online, seguridade nos dispositivos móbiles, contidos ilegais e inaxeitados para menores, riscos das redes sociais, ciberacoso, grooming, e cibercontrol.
Aquí tedes a GUÍA para FAMILIAS.