Segundo Rafael Bisquerra a "Flor de Benicia" representa os 5 pilares do Benestar. Esta flor está formada por 5 pétalos que axudan a recordar eses 5 pilares do Benestar: físico (saúde), material (diñeiro), social, emocional e profesional.
O Benestar Social abrangue 3 dimensións:
Interpersoal: depende das relacións cos demais, principalmente das persoas coas que se manteñen interaccións case a diario. Inclúe relacións sociais, relacións íntimas, familia nuclear, competencias sociais e emocionais, contribución social, integración social, valores, ...
Comunitaria : depende do contexto social próximo . Abrangue: clima emocional, valores, estabilidade familiar, solidaridade, actitudes de axuda mutua, civismo, cortesía, comunicación, cooperación, ausencia de violencia,...
Política: xustiza, libertade, paz, democracia, dereitos humanos, valores, estabilidade política, seguridade cidadá, non discriminación, igualdade de oportunidades, igualdade ante a lei, equidade,...
Tal e como sinala Rafael Bisquerra no seu libro "Cuestiones sobre bienestar", o noso benestar depende do afecto e aprobación dos demais. Se o noso arredor respírase ternura, comprensión, amor, entusiasmo,..., afectaranos positivamente. Se pola nosa parte aportamos un clima emocional positivo, aportamos benestar social que vai repercutir no noso propio benestar: prodúcese o efecto bumerang que fai que recibamos afecto positivo como feedback. A persoa que aprendeu as habilidades sociais para relacionarse de forma satisfactoria con outras persoas mellorará a súa calidade de vida e o seu benestar emocional.
Bisquerra tamén propón no seu libro "Cuestiones sobre bienestar" os diversos tipos de Benestar:
Entendemos por competencia a capacidade para movilizar axeitadamente un conxunto de coñecementos, capacidades, habilidades e actitudes precisas para realizar actividades diversas cun certo nivel de calidade e eficacia (Bisquerra e Pérez, 2007).
Aquí temos o Modelo pentagonal de competencias emocionais proposto por Bisquerra.
A. Competencia emocional: é a capacidade para tomar conciencia das propias emocións e das emocións dos demais, incluindo a habilidade para captar o clima emocional dun contexto determinado. Dentro deste bloque pódense especificar:
Toma de conciencia das propias emocións.
Dar nome as emocións.
Comprensión das emocións dos demais.
Tomar conciencia da interacción entre emoción, cognición e comportamento.
Creenzas.
B. Regulación emocional: capacidade para manexar as emocións de forma apropiada. As competencias que figuran neste bloque son:
Expresión emocional apropiada.
Regulación de emocións e sentimentos.
Tolerancia á frustración.
Estratexias de afrontamento.
Competencia para autoxerar emocións positivas.
C. Autonomía emocional: conxunto de características e elementos relacionados coa autoxestión persoal, entre as que se atopan...
Autoestima.
Automotivación.
Autoeficacia emocional.
Responsabilidade.
Actitude positiva.
Análise crítico de normas sociais.
Resilencia: capacidade para enfrentarse con éxito a unhas condicións sumamente adversas.
D. Competencias sociais: capacidade para manter boas relacións con outras persoas. As competencias que incluen son:
Dominar as habilidades sociais básicas.
Respeto polos demais.
Practicar a comunicación receptiva: capacidade para atender ós demais na comunicación verbal e non verbal para recibir as mensaxes con precisión.
Practicar a comunicación expresiva.
Compartir emocións.
Comportamento prosocial e cooperación: capaciade para realizar accións en favor doutras persoas , sen que o solicitaran.
Asertividade.
Prevención e solución de conflictos.
Capacidade para xestionar situacións emocionais: habilidade para reconducir situacións emocionais en contextos sociais.
E. Competencia para a vida e benestar: capacidade para abordar comportamentos axeitados e responsables para afrontar satisfactoriamente os desafios cotiás da vida. Inclúe:
Fixar obxectivos adaptativos: capacidade para fixar obxectivos positivos e realistas.
Toma de decisións.
Buscar axuda e recursos.
Cidadanía activa, participativa, crítica, responsable e comprometida.
Benestar emocional: capacidade para gozar de forma consciente do benestar (emocional, subxectivo, persoal e psicolóxico) e procurar transmitilo ás persoas coas que se interactúa.
Fluir: capacidade para xerar experiencias óptimas na vida profesional, persoal e social.
ESTRATEXIAS DE AFRONTAMENTO: estas son un aspecto das competencias emocionais que xogan un papel importante no benestar. Neste apartado imos propoñer algunha das estratexias de afrontamento máis relevantes en base o proposto por Bisquerra:
A. Relación coa realidade (RwR): mellorar as experiencias da vida real. Inclúe planificar, poñer en práctica, buscar axuda,...
B. Resiliencia: capacidade de superar a adversidade. Refíre a capacidade que ten unha persoa para recuperarse despois de sufrir unha situación altamente estresante.
Entre as moitas características que se atribúen as persoas resilientes estás as seguintes: alta autoestima, capacidade de afronamento, autonomía de pensamento e acción, responsabilidade, disciplina, recoñecemento e desenvolvemento das propias capacidades, mente aberta e receptiva a novas ideas, gran variedade de intereses, refinado sentido do humor, conciencia emocional (clara percepción dos propios sentimentos e dos sentimentos dos demais), capacidade para comunicar sentimentos de forma axeitada, tolerancia á frustracción, capacidade de concentración, compromiso de vida, esperanza, apoio social , presencia dun propósito significativo na vida, habilidade para dar e recibir, curiosidade e apertura a novas experiencias, locus de control interno, creencia de que se pode aprender das experiencias positivas ou negativas,...
C. Reframing: este termo significa reenmarcar ou reencadar unha situación. O reframing positivo consiste en sustituir os pensamentos negativos que acompañan a unha situación por outros pensamentos máis positivos. Supón un cambio no pensamento e nas creencias que se teñen sobre as cousas e os acontecementos. Trátase de reencadrar unha situación conflitiva , darlle un novo marco para que o benestar sexa posible.
Unha técnica útil para poñelo en práctica é a reestructuración cognitiva.
D. Perdón: perdoar significa liberar enerxía negativa que abre as portas á reconciliación. Non significa impunidade, pero tampouco supón non pedir responsabilidades.