Xestión da Biblioteca Escolar

Na biblioteca do IES Fernando Esquío contamos cun novo programa de xestión de biblioteca o Bib-Koha

Despois de traballar có Proxecto Meiga desde o 2002 e recibir formación de César Iglesias e Isabel Pemán nos distintos cursos organizados polos CFRs e a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, participamos na formación de outros compañeiros en distintos relatorios así como correctora do curso en PLATEGA sobre dito Programa de xestión seguindo as pautas do Centro Superior Bibliográfico de Galicia.

Agradecemos a todos eles a formación recibida así como a posibilidade de compartila con outros compañeiros de moitos centros escolares de Galicia, en todas estas ocasións tamén nos aprendemos deles.

Para saber máis do Programa Meiga, tedes á vosa disposición un google site no que atoparedes solucións se estades a traballar aínda con él ou ben para comparar termos e apuntes de catalogación.

Con este site queremos facer unha reflexión sobre distintos termos e aspectos da catalogación que son importantes para ter un catálogo accesible e funcional. A falla dalgún elemento influirá no momento que queiramos facer unha pescuda afinada para unha exposición, recomendación, etc.

Con este site non queremos dicir que haxa que modificar os campos de catalogación, senón que temos que vixiar que estén presentes aqueles que son máis funcionais para unha biblioteca escolar e que fan que o programa de xestión sexa práctico e efectivo.

Calquera erro cometido corresponde únicamente á autora do site.

A Asesoría de Bibliotecas de Galicia proporciona manuais de uso e xestión específicos do novo programa vía AMTEGA e  Xercode-Coremain, empresa que adaptou o programa Koha de software libre ás necesidades das bibliotecas de Galicia.

Este site foi creado por Begoña López Soto, profesora responsable da BE do IES Fernando Esquío en Neda, A Coruña. Para calquera aclaración pódese facer vía correo da BE teacheresquio@gmail.com