Xeral


Á hora de catalogar temos que ter en conta que calquera programa de xestión de fondos dunha biblioteca persoal ou colectiva ten que cumprir a función de ser eficaz na procura dos fondos polos usuarios. 

Nas bibliotecas escolares estos son o alumnado e profesorado, incluso as familias; todos eles teñen unhas necesidades distintas se o centro escolar é un CEIP, CPI, IES, CIFP, un conservatorio de música, escolar de idiomas, artes...., os fondos non son os mesmos nin as procuras.

O alumnado estará interesado nas portadas, os resumos, as materias, o nº de páxinas... O profesorado buscará os fondos atendendo ao tipo de audiencia que terá esa obra e a materia, é dicir, a temática da que trata a obra. Desta maneira poderá facer unha selección de fondos sobre "educación para a saúde", "igualdade" ou "medo" por exemplo, filtrando os fondos según a idade ou nivel lector do alumnado ao que vai dirixida tanto para unha exposición temática como para facer un traballo ou unha recomendación para datas nas que os temas transversais ou efemérides se conmemoran: 20 novembro, 10 decembro, 30 xaneiro, 8 marzo....

Por todo iso é recomendable que os docentes dos centros consensúen as materias que consideran relevantes para o seu alumnado e a adquisición de fondos. 

Desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares  se proporciona unha listaxe de encabezamento de materias como canon a empregar e que non haxa "inventos".  A diferenza do Meiga en koha compartimos os fondos, a descripción dos mesmos, non son de cada unha das bibliotecas e por iso temos que ter unha liña de actuación común.

Por outra banda tamén dispoñemos dunha listaxe de materias abreviada para empregar polas BEs de infantil e primaria principalmente, no enlace tamén podemos visualizar a proposta de ambas.

As cuestións particulares de cada biblioteca, se a obra pertence a un PDI específico do centro...., poderá incluirse nas notas públicas dos ítems do centro, como se aclara no apartado CCIII.