Campos Catalogación III: Bib-koha

Cando a obra non está en catalogación, no repositorio da rede, temos que buscala noutras bibliotecas e redes de bibliotecas ou catalogala directamente. No caso de que a atopemos, agregamos items como na páxina anterior, identificando os noso item ou exemplar.

Podemos buscala polo título ou polo ISBN. Podemos seleccionar as bibliotecas que nos interesen: a Rede de BEs, REBECA, BNE, Library of the Congress... Por seguridade preferimos marcalas todas. Organismos profesionais como REBECA, ABBYS.NET ou BNE probablemente teñan a persoal máis cualificado, aínda que erros hainos en todos os fondos.

Ao facer catalogación derivada arrastramos o rexistro bibliográfico doutra biblioteca,  igual que có Meiga, e este pode ter erros ou incorreccións que debemos subsanar.

No caso que teñamos que facer a catalogación completa porque a obra é unha novidade absoluta teremos que completar os campos que imos sinalar como subsanables do parágrafo anterior.

Deixar campos sen cubrir impide logo facer unha pescuda cruzada con resultados, por exemplo items sobre a igualdade para o nivel lector de 5º de primaria, ou 4º ESO ou bacharelato, incluso poderíamos incluir nesta pescula o soporte: material textual ou película.

Pestana 0

Como dicíamos anteriormente, os campos de Meiga están en Koha distribuídos en pestanas. 

Unha vez importamos o rexistro temos que identificar o tipo de material para simplificarnos os campos a revisar/cumplimentar. 

En Axustes pasamos de Predeterminado a Material textual, se estamos a rexistrar un libro,... os tipos de documentos que tiñamos en Meiga. Ista modificación é importante á hora de facilitarnos o traballo e poder finalizar con éxito a incorporación, doutra maneira nos indicarían fallos por falta de datos.

Logo de ter a simplificación abrimos o lapis da cabeceira (icono da dereita cadriño con lapis) para identificar varios campos relevantes: a 1º data de publicación, se é un libro (tipo de documento en Meiga). A audiencia e o idioma.

Como se ve na imaxe de abaixo a descripción de audiencia é completa para centros de primaria pero para secundaria Xuvenil+15 non é moi aclaratoria pero máis adiante na pestana 5, teremos a oportunidade de clarificalo.

Ambos campos son moi importantes para facer unha procura máis afinada dunha obra na busca avanzada, por exemplo libros en galego sobre a materia de "morte"...seguro que unha famosa cociñeira defunta sairía se a audiencia é de lectores autónomos ou expertos. Non podemos deixar Descoñecido ou non identificado.

Gravamos a modificación.

Unha vez completados os elementos da información xeral, comprobamos que teña o ISBN ou ISSN no seu sitio e que sexa correcto para arrastrar a portada. De todos os xeitos se a busca da obra se fixo polo ISBN, xa está, pero se a buscamos polo título e ano de publicación debemos comprobar que o ISBN esté correcto.

 Outro identificador interesante é o Depósito Legal, se a obra importada ven de bibliotecas profesionais a conterá, moitas das BEs de Galicia non teñen este campo. Non é imprescindible tendo o ISBN ou ISSN.

Comprobamos que teña a CDU, normalmente é a profesional, se non a ten incorporamos a simplificada da Asesoría de BEs ou a adaptada ao noso centro. Os CFPI poden consultar a web oficial onde atoparán a especificidade según a familia profesional dos fondos que empreguen.

CDU adaptada versión simplificada para BEs..

CDU adaptada versión estendida para BEs.

Pestana 1

Autores: Sempre Apelido, Nome.  Moitas veces no rexistro no despregable de función do autor non aparece a función de autor, aclaración que compre incluir pois pode haber varios autores. Ademais deste xeito estamos marcando a autoridade; se non o damos de alta coa súa autoridade logo non podemos arrastrar as obras deste autor.

O ilustrador, traductor, compilador, director de cine, director de orchestra, compositor... se incluirán na pestana 7.

O resto de campos se incluirán cando sexan entidades ou congresos os autores ou compiladores da obra (igual que en Meiga).

Pestana 2

Título: comprobamos que sexa correcto, pode haber subtítulo e o incluiríamos en "resto de título".

Autores:  importante: nesta caixa ás veces veñen listados varios xunto có tipo de autor; debemos deixar só a autoridade, o autor principal únicamente con Nome Apelido, o resto se incluirán na pestana 7  sempre coa súa función.

Edición, lugar de publicación, editorial e data de publicación son campos bibliográficos que veñen de seu normalmente. Comprobamos a súa corrección.

Pestana 3

Refírese á descripción física expecíficamente:

Extensión: o nº de páxinas

Outras características físicas: ilustracións en cor ou branco e negro, coberta apaisada (algún exemplar de banda deseñada...), páxinas troqueladas...

Dimensións: tamaño, non sempre ven pero se miramos a páxina web da editorial para enriquecer a obra co resumo e/ou materias podemos copiar as dimensións.

Material anexo: se acompañan á obra un CD, mapa despregable, pop-up... anexo ou caderno de actividades, propostas de lectura...

Pestana 4

As series son interesantes cando temos unha colección de manga, banda deseñada, novela... e queremos ver se dispoñemos de todos os exemplares: Diario de Greg, Os Megatoxos, Bride Stories...

Cando trátase dunha serie numerada como as mencionadas prememos na cabeceira "Mención de serie" e aparece a casiña de "nº de volume"

Non sería relevantes as series "El barco de vapor" ou "Alfaguara xuvenil" pero este é o lugar para mencionalos.

Pestana 5

Pestana moi relevante para o alumnado pois aporta moita información sobre o contido da obra. É recomendable sacala dunha fonte de referencia; a web da editorial (Anaya, Xerais, Galaxia, Kalandraka, OQO, Edelvives... teñen incluso "materias" para cada obra, ver pestana 6), o blog/web do autor (Anxo Fariña, Laura Gallego... moitos deles teñen xa webs específicas para as súas coleccións), ou algunha relevante como Centro Virtual Cervantes, FGSR, Canal Lector, Greenpeace se trátase dunha obra de ecoloxía... Estudios clásicos pois Platon ou Aristóteles non dispoñen de blog...

Nota xeral: mencións ou premios da obra no panorama cultural: Premios LIX, White Ravens, Premio Lazarillo, Xerais, Jules Verne.... Tamén se pode incluir un comentario destacado sobre a obra.

Nota de contido: en antoloxías,  obras de referencia onde o exemplar ten un índice aclaratorio dos capítulos que trata a obra, podemos incluílo (ollo non a palabra índice senón este como tal, algunhas obras de catalogación derivada é o que traen e non aclara nada ao usuario), por exemplo non todas as edición de Lendas de Bécquer traen a mesma selección, unha obra como "Mamíferos" pode traer algúns, non todos: a vaca, o cabalo, a balea... isto debe quedar reflexado na nota de contido.

Resumo: o da contracapa que poderemos extraer da web da editorial, non temos por qué copialo se aparece nalgunha web de referencia. É imprescindible para os usuarios.

Destinatarios: xa falaramos da audiencia na pestana 0, no primeiro campo de información xeral no que abríamos unha fiestra no lápis da dereita. Alí aparecían campos moi xenerais de nivel lector que non se axustan con tanta precisión á educación secundaria. Así como no 0 aparecen os campos de prelectores, primeiros lectores, autónomos e expertos aos que estabamos acostumbrados no Meiga, a sección de "xuvenil +15" non resulta moi útil para distinguir entre a ESO e BAC, por iso se estableceu tamén este despregable para afinar a busca cando precisamos unha obra, por exemplo sobre acoso, ou bulimia... para 3º ESO fronte á mesma materia pero para 2º BAC. Resulta útil para facer escollas temáticas para recomendacións ou exposicións, efemérides...

Pestana 6

Trátase dunha ferramenta única para a pescuda de obras por intereses e temáticas propostas polos usuarios. 

Cando temos que facer unha exposición sobre a II Guerra Mundial, sobre a Igualdade, o Samaín, Terror, Consumismo, Dereitos Humáns... calquera tema transversal, se temos identificado as obras con etiquetas sobre estas e outras moitas materias, é moi doado facer a escolla. Se o alumnado pide unha obra sobre fantasmas, humor, bullying... podemos facer a busca sobre estos parámetros. Por iso é fundamental ter claro cales son as materias que imos a ter en conta pois non é o mesmo un centro de infantil, primaria, secundaria...

No apartado "Xeral" deste mesmo site falabamos da proposta da Asesoría de Bibliotecas para as materias:

Principalmente o campo que temos cumprimentar é:

Materia. Termo de Materia: repetiremos tantas veces como precisemos. Unha mesma obra pode tratar de materias como fantasía, amistad, amor, misterio, igualdade e valores (Memorias de Idhún); drama, violencia, valores (Infamia). Pódese incluir o termo banda deseñada ou cómic. Non debemos poñer Medo-conto, ou Medo-Literatura infantil nun bloque separados por un guión, nas BEs non imos ter outro tipo de material. As materias son referencias do contido non do tipo de documento.

Materia. Termo Xeográfico e Materia. Termo Cronolóxico, teñen a súa utilidade se falamos dunha obra de ensaio centrada un lugar ou unha época.

OLLO: A materia non debe confundirse coa CDU (Literatura Francesa, Narrativa, literatura xuvenil....) para iso temos o campo específico na pestana 0, e na pantalla do noso item as 3 sinaturas 82G-N, ou 82E-P... tal e como usemos a CDU simplificada:  ver sección CCII neste site imaxe e apartados:

h. Signatura correspondente á clasificacióni.  Parte da signatura que identifica o exemplari.  Parte da signatura que identifica o exemplar

Pestana 7

Na pestana 1 comentabamos que ás veces aparece o autor sen identificar o seu tipo, e na pestana 2 o título e todos os autores coas súas funcións todo xunto (Miguel de Cervantes, prologado por Francisco Rico e ilustrado por Gustavo Doré). 

Na pestana 1 debemos que indicar a función e na 2 deixar o autor principal ou autoridade da obra (lembremos no Meiga dabamos de alta en autoridade en marcabamos encabezado principal) o resto de autores deberán ir nesta pestana 7, tantos como haxa, indicando a súa función. 

Pensemos nunha película: o director iría na pestanas 1 e 2 e na 7 os actores, guionista, músico... Nunha monografía irá nas pestanas 1 e 2 o autor principal, na 7 o coautor, prologuista e ilustrador, se é relevante tamén o traductor.

Pestana 8

Acceso electrónico: enlace á web que aporte máis información pertinente á obra: a editorial, web/blog do autor....

Se temos un recurso no noso blog da biblioteca ou web do centro, algún material específico de creación propia pode ir na pantalla do item, non aquí, onde podemos incluir tamén nota pública ou privada.

Pestana 9 

Simplemente serve para eliminar un rexistro bibliográfico do OPAC , OLLO esto significa que o daremos de baixa en toda a rede, non aparecería como visible. Non debemos nunca facer esta escolla, outro caso é que queiramos dar de baixa un exemplar porque o expurgamos, polo que entón imos á pantalla do noso item e indicamos se está desaparecido, estragado... e o deixamos sen prestar ou ben eliminamos o item se non queremos deixar constancia de que o tivemos. 

Gardar

Unha vez teñamos aportado todos os campos relevantes, gardamos as modificacións, prememos na columna da esquerda en vista normal e vemos a ficha e os exemplares. Se temos o ISBN correcto no seu sitio aparecerá a portada, se non teremos que adxuntala no despregable de edición do rexistro no apartado de "Subir a portada a Qlees".

Vemos que o autor principal está separado do secundario, neste caso o iluminador. Temos o icono de tipo de documento, a serie, datos da edición e descripción, as materias e como recurso en liña o enlace á web, da editorial.

No cadro inferior as existencias e a súa dispoñibilidade, e na pestana de descripcións ven a nota sobre o seu premio Eisner, o resumo e a nota de nivel de audiencia.