Campos Catalogación II: Bib-koha

Cando queremos catalogar unha nova obra, é preferible comprobar se está no catálogo xeral da rede, así introducimos o ISBN ou o título para localizalo en "catalogación".

Se a obra aparece en catalogación podemos comprobar que os datos se corresponden: o ISBN (se o buscamos polo título), título e autor, data de publicación....Se é así podemos "agregar/editar items"

Neste momento aparece a pantalla de rexistro da nosa biblioteca.

Esta pantalla indica os datos do item, da obra que temos na man: o libro, disco, película ou revista. Por defecto apareceran cubertos os campos de Fonte de clasificación ou CDU, Localización permanente e Localización actual. Nos debemos incluir os campos seguintes:

82G MEJlav

Outros campos interesantes:

Logo de ter os campos cubertos, non precisamos incluir o nº de rexistro pois o programa xa o adxudica automáticamente e crea o código de barras correspondente tal e como se indica na pestaniña debaixo da pantalla  "Autoxerar código de barras", enriba de "agregar item"

Gardamos os cambios relevantes á nosa biblioteca e podemos engadir tantos exemplares como teñamos e cada un coa nota pública ou privada que precisemos para cada un.