As nenas e nenos de Educación Infantil no presente curso escolar 24-25 decidiron escribir un conto, en colaboración coa biblioteca escolar Paula Carballeira, para enviar á Aula Hospitalaria da Residencia Sanitaria Arquitecto Marcide de Ferrol. Neste conto colaborativo relataron a súa experiencia co proxecto de incubación de ovos de galiña de Mos. O conto levou incorporado un código QR cunha versión oral do texto, que foi gravada na radio escolar.
As nenas e nenos de Educación Infantil no presente curso escolar 23-24 estableceron contacto coa Asociación IBO, dedicada á cooperación e educación para o desenvolvemento nesta illa de Mozambique. Escribiron, ilustraron e narraron un conto para enviarlles aos nenos e nenas que asisten a súa "escolinha".
As nenas e nenos de Educación Infantil realizaron un proxecto medioambiental centrado na importancia da conservación e coidado da poboación de abellas autóctonas para manter os ecosistemas.
As nenas e nenos de Educación Infantil realizaron un proxecto en colaboración coa Residencia de Maiores Domus Vi, do veciño concello de Cabanas.
Este curso, no que continuamos con medidas sanitarias de illamento, non foi posible establecer ningún contacto presencial, por iso decidiron escribirlles un conto, que logo enviaron tanto en papel como en formato dixital.