Axenda, que axenda? A Axenda 2030, por suposto!
Son moitos os anos que levamos no CEIPP Os Casais atendendo de maneira especial aos Obxectivos do Desenvolvemento. Facíamolo xa nos tempos nos que o reto internacional viña marcado polos ODM e, cando no 2015 foi establecida a nova Axenda, esta pasou a ser o noso horizonte de referencia.
Por iso, os proxectos SEM de aula deste ultimos cursos están todos enmarcados dentro de un ou de varios destes obxectivos.
E foron tamén moitas as actividades que fixemos, sempre tendo a Axenda 2030 como referencia.
Tal como vimos facendo dende varios cursos atrás, moitas das actividades que fixemos ao longo do curso quedaron recollidas nos Pasaportes Solidarios do Voluntariado Galego. Os Pasaportes utilizámolos para valorar o traballo de todo o ano.
Na actividade inaugural do curso establecimos os retos que cadaquén elixiu como prioritarios, para facer unha reflexión sobre aquelo que queremos conseguir e priorizar os obxectivos que poden estar ao noso alcance, se deixar de ter en conta o conxunto global e a Axenda na súa totalidade.
Algunhas das actividades que fixemos ao longo do curso quedaron recollidas nos Pasaportes Solidarios do Voluntariado Galego. Os Pasaportes utilizámolos para valorar o traballo de todo o ano.
É digno de destacar neste curso 23-24 a nosa participación no programa de radio en directo, emitido por Radio Fene dende a antiga escola indiana de Limodre. Fomos convidados a contar a nosa experiencia en prol do desenvolvemento da Axenda 2030 e a consecución dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible.
Este curso moitas das nosas actividades tiveron premio: recibimos cromos para o noso album a medida que íamos traballando os ODS.
Conseguimos completalos todos!
Posamos orgullos@s co noso album e co cartel do Proxecto Somos quen que recibimos do Voluntariado e trouxo para todos a clase de 2º, que foi a que participou no Encontro do Voluntariado Miúdo. Levaron a Super-oca Solidaria para xogar cos outros coles. Gozaron dunha divertida xornada, na que compartiron experiencias con outros nenos e nenas implicados en facer deste mundo un lugar mellor.
E tamén, coma sempre, participamos no Proxecta Pasaporte Solidario. Nos pasaportes fumos apuntando algunhas das actividades e así podemos pensar durante todo o ano nas cousas que imos facendo e no importantes que son ainda que parezan pequenas.
Que actividades son? Pois son moitísimas. Aparte de todos os proxectos SEM de aula, a vida diaria do cole está impregnada de participación, de solidariedade, de traballo voluntario, de reivindicación da igualdade e a inclusión, de defensa da educación...
Por exemplo:
Continuamos recollendo TAPÓNS SOLIDARIOS. Agora son para Emma, unha nena de Pontedeume que os necesita.
Participamos en CAMPAÑAS SOLIDARIAS de recollida de roupa e calzado.
Durante todo o curso temos presente a CADEIRA VERMELLA que reivindica o dereito á educación.
Participamos no CONCURSO ESCOLAR ONCE, para fomentar á inclusión.
Temos o programa TEI, de titoría entre iguais.
Participamos en campañas solidarias de ALIMENTOS, PRODUTOS DE HIXIENE E MATERIAL ESCOLAR.
Colaboramos coa RESIDENCIA DE MAIORES.
Tomamos moi en serio a RECICLAXE.
Celebramos con especial relevancia aquelas datas significativas relacionadas coa Axenda: 20-N, 25-N, 3-D, 24-X, 30-X, 8-M, 21-M, 5-X. Isto é: o Día dos Dereitos da Infancia, o Día contra a Violencia de Xénero, o Día das Persoas con Discapacidade, o Día Internacional da Educación, o Día da Paz, o Día da Igualdade de Xénero, o Día das Persoas con Síndrome de Down, o Día da Terra e o Día do Medio Ambiente.
Toda a comunidade escolar, alumnado, profesorado e familias, fai VOLUNTARIADO DE LECTURA.
O alumnado de 5º e 6º participa no Voluntariado de Lectura-A, enmarcado no Plan LÍA das Bibliotecas escolares de Galicia.
As FAMILIAS colaboran con OBRADOIROS e CHARLAS, nas que elas mesmas participan como persoas expertas.
A ANPA Río de Va pon en marcha PROXECTOS en beneficio de toda a comunidade educativa.
Outras entidades e asociacións da contorna (Adarve, AETNA, O Pote...) colaboran con nós de forma voluntaria, altruísta e solidaria.
En definitiva: buscamos o desenvolvemento educativo integral do alumnado, dende a súa propia individualidade e específica personalidade (modelo SEM), incentivando as relacións co entorno máis próximo e o fomento da PARTICIPACIÓN de tódolos membros da comunidade educativa, como preparación para o exercicio pleno dos dereitos humanos e dunha CIDADANÍA activa e democrática plenamente implicada co coidado do medio ambiente e na procura do BEN COMÚN GLOBAL.
Comezamos o curso reflexionando sobre a saúde e o benestar emocional. Son estes uns tempos moi complicados, nos que aprender a recoñecer as nosas emocións, saber como xestionalas, ter en conta ás dos demais é fundamental. Por iso, como primer paso da atención que lle dedicamos ao longo de todo o curso, realizamos diferentes actividades sobre as emocións.
Os ODS so poden ser acadados con asociacións mundiais sólidas e con cooperación. É preciso aprender, dende a infancia, a colaborar de forma altruista para conseguir uns obxectivos compartidos.
Cando, dende a biblioteca, se pideu a participación no voluntariado do tempo de lecer, a totalidade do alumnado de 5º e 6º, sumouse á iniciativa.
Todo o centro, dende hai anos, participa no Pasaporte Solidario. Este ano, no que celebramos o Xacobeo 21-22, foi o do Camiño de Santiago.
Neste libriño os nenos e as nenas van apuntando as accións voluntarias que fan.