No curso 24-25 o 2ºCiclo de Educación Primaria non compartiu aula, senón que foron dúas titorías diferentes con aulas separadas. Como consecuencia, non traballaron nun proxecto común, senón que realizaron dous.
O de 3º de Primaria centrouse no Consumo Responsable; o de 4º, no bo trato e a súa importancia para o benestar emocional.
Ámbolos dous proxectos foron expostos oralmente en todas as aulas, mais tamén incluíron sendos programas de radio para seren compartidos coas familias.
O proxecto do 2ºCiclo estivo relacionado coa alimentación saudable e a importancia da inxesta de peixe nunha boa dieta. Este proxecto traballa tamén o coidado do medio, dos mares e oceanos e o comercio de proximidade.
O proxecto do 2ºCiclo levou por título "Maniños no pasado". Investigaron sobre a intrahistoria, as costumes, a vida cotiá, o traballo, a educación... Traballaron sobre a posta en valor da cultura propia e sobre a importancia do paso do tempo na evolución das sociedades e sobre a relevancia da educación nesta evolución, desenvolvemento e progreso.
A clase de 3º e 4º quixo contribuir a facer do noso patio un lugar máis inclusivo, máis dinámico, no que todas e todos xoguen en igualdade e ademáis contribuir ao coidado do medio ambiente utilizando materiais reciclados.
Esta clase tamén participou no programa telemático Conectandomundos, no que se traballou este ano sobre a enorme ameaza do cambio climático.