No curso 2024-25, 1º e 2º de Primaria tampouco compartiron aula e, como consecuencia, traballaron en dous proxectos diferentes.
1º : As nosas emocións
2º : Os mariscos da nosa ría e os traballos do mar.
Estes dous proxectos incluíron actividades cos escornabots.
Tamén empregaron a radio escolar para compartir a súa experiencia coa comunidade escolar.
No curso 2023-24, 1º e 2º de Primaria tampouco compartiron aula e, como consecuencia, traballaron en dous proxectos diferentes.
1º : O Marco de San Lourenzo. Recuperación e estudo do espazo e a súa flora.
2º : As emocións.
No curso 2022-23, 1º e 2º de Primaria non compartiron aula. Cada grupo estivo nunha titoría diferente. Como consecuencia, traballaron en dous proxectos diferentes, ámbolos dous relacionados coa Axenda 2030 e os ODS.
1º realizou un proxecto centrado nos ecosistemas marítimos, concretamente aqueles máis próximos a nós.
2º elixiu un tema relacionado coa saúde e o benestar (ODS 3): a alimentación saudable.
Promover sociedades xustas, pacíficas e inclusivas é o ODS 16.
É necesario empezar polo máis próximo, o entorno concreto no que se desenvolve o día a día das nenas e nenos de 6-7 anos. Saber que é necesario pautar e respectar unhas normas de convivencia para acadar o benestar común é dar un primeiro paso no camiño cara a PAZ.