ASTRONOMÍA ADAPTADA

Páxina web creada por alumnado do grupo de TICS2 de 2º de Bac para presentar materiais creados por compañeiros-as do IES Ramón Menéndez Pidal Zalaeta para facer a Astronomía mais accesible empregando a música e a tecnoloxía e asesorados por Agrupación Astronómica ÍO.

Composicións musicais, deseños táctiles imprimibles e cartaces... froito das actividades formativas desenvoltas no curso 21-22 (observacións astronómicas, charlas, obradoiros de planisferios, etc).

Actividades parte do proxecto Deseño e Son da Asociación cultural Zalaeta, do programa de Cultura accesible e inclusiva de Fundación Emalcsa.