Constelacións táctiles

No instituto IES Ramón Menéndez Pidal, o grupo de 3º da ESO de tecnoloxía bilingüe, fixéron un obradoiro formativo na ONCE , obradoiro de planisferios e outro de Impresión 3d có fin de crear constelacións táctiles para persoas cegas cunha impresora 3D.

O primeiro, para a realización dun traballo que ten como público as persoas con discapacidade visual, hai que entender e saber como lles afecta esa discapacidade para o seu día a día. Para isto os alumnos dirixíronse a realizar unhas actividades da Once nas que lles deron a entender e explicaron mediante actividades, unha aproximación ó que sería ser unha persoa cega.

Alumn@s camiñando en parellas, onde un membro leva as gafas e outro fai de guía

Alumnas con gafas que te fan ver como un cego

Alumnos aprendendo braille

Logo, viñeron membros de AAÍO a dar unha explicación ós alumnos de 3º da ESO de tecnoloxía sobre os planisferios. Así aprenderon acerca do tema para a realización das constelacións táctiles.

Por último, o grupo comezou a realización de dous traballos diferentes:

-A primeira actividade consiste no deseño de medallas de constelacións táctiles individuais.

Para facelo, usaron o programa FreeCad. Posterior á sua elaboración no software imprimíronse os arquivos na impresora 3d.

-A segunda actividade consiste na deseño e impresión dun planisferio en 3d: dun Mapa do Ceo Táctil.

Para facelo, dividiron o mesmo en 16 partes, unha para cada alumn@. Despois de deseñalas con FreeCad e imprimilias xuntaránse todos os trozos e resultará nunha maqueta grande do ceo.

Podemos ver o proceso, presentación e o resultado final nas seguintes imaxes: