Paseo guiado polo cosmos

A nebulosa de reflexión IC 2631

Unha estrela recentemente formada ilumina as nubes cósmicas circundantes nesta imaxe do Observatorio La Silla de ESO en Chile. As partículas de po nas nubes que rodean a estrela HD 97300 difunden a súa luz nunha néboa envolvente, e crean a nebulosa de reflexión IC 2631. Aunque HD 97300 está no centro de atención polo momento, o po presaxia o nacemento de estrelas.

Credit: ESO

O glóbulo cometario CG4

Como a boca aberta dunha xigantesca criatura celestial, o glóbulo cometario CG4 brilla de forma ameazante nesta imaxe do Very Large Telescope de ESO. Aínda que parece enorme e brillante, en realidade é unha néboa tenue e non é fácil de observar. A natureza exacta de CG4 segue sendo un misterio.

Credit: ESO

A nube de formación estelar RCW 34

Esta nube de gas tan coloreada, chamada RCW 34, é un sitio de formación estelar na constelación austral de Vela. Esta imaxe foi tomada co instrumento FORS del Very Large Telescope de ESO no norte de Chile.

Credit: ESO

Un caleidoscopio de cor sobre o VLT

Toques de cor pintan o ceo nocturno sobre o Observatorio Paranal de ESO en Chile, iluminando a paisaxe desértica que se encuentra debaixo. Miles de millóns de estrellas brillantes, nebulosas, resplandecientes e filamentos escuros de po crean o arco xigante da Vía Láctea, que enmarca el Very Large Telescope (VLT) sentado na cima do Cerro Paranal. Esta imaxe foi tomada dende o sitio dun dos telescopios máis novos de ESO, o Telescopio de exploración visible e infravermella para astronomía (VISTA).

Credit: P. Horálek / ESO

Xoias do ceo nocturno chileno

As xoias da noite revélanse no deserto chileno de Atacama. A Vía Láctea exténdese polo ceo nesta fermosa fotografía nocturna. Unha combinación de ceos despexados e pouca contaminación lumínica fai que este deserto chileno sexa o lugar perfecto para os telescopios de ESO, incluido o Very Large Telescope, ALMA e, próximamente, o Extremely Large Telescope.

Credit: ESO / B. Tafreshi

O resplandor rosado dunha gaivota cósmica

A colorida e tenue nube Sharpless 2-296 forma as "alas" dunha área do ceo coñecida como a Nebulosa da Gaivota, chamada así polo seu parecido cunha gaivota voando. Este paxaro celestial contén unha mestura fascinante de obxectos astronómicos intrigantes. Nubes resplandecentes aparecen en medio de camiños de pó escuro e estrelas brillantes. A Nebulosa da Gaivota, composta por pó, hidróxeno, helio e trazas de elementos máis pesados, é a cuna enerxética de novas estrelas.

Crédito: ESO/Equipo VPHAS+/N. Wright

Coroa interior dinámica

Esta imaxe é unha composición profunda de alto rango dinámico dunha serie de diferentes exposicións que revela os detalles máis finos da coroa solar que foron visibles durante o eclipse solar total do 2 de xullo de 2019, visto dende o Observatorio La Silla de ESO. A coroa solar é un plasma de electróns libres que dispersan o campo magnético do Sol, polo que a forma formada pola luz dispersa revela os contornos do campo magnético. Durante este eclipse, a coroa tiña unha forma dipolar, que é característica dun mínimo no ciclo de actividade solar de 11 años. As finas serpentinas que emanan da parte superior e inferior do disco solar indican os dous polos, mentras que o ecuador solar está resaltado por grandes bucles magnéticos. En realidade, a coroa exténdese moito máis alá dos bordes desta imaxe.

Crédito: ESO/P. Horalek

Primeira imaxe dun burato negro

O Event Horizon Telescope (EHT), un conxunto a escala planetaria de oito instalacións de radio terrestres, foi diseñado para capturar imaxes de buratos negros nos centros das galaxias. Aínda que os telescopios constituíntes do EHT non están conectados físicamente, poden sincronizar os seus datos con precisión empregando reloxos atómicos: máseres de hidróxeno. Cada telescopio do EHT producía enormes cantidades de datos -aproximadamente 350 terabytes por día, que se almacenaban en discos duros de alto rendemento cheos de helio. Estos datos enviáronse a supercomputadoras altamente especializadas, coñecidas como correladores. A continuación, convertíronse minuciosamente en imaxes empregando ferramentas informáticas desenvoltas pola colaboración.


Crédito: EHT Collaboration



Nebulosa de Orión

OmegaCAM, a cámara óptica de campo amplio do VLT Survey Telescope (VST) de ESO, capturou esta espectacular imaxe da Nebulosa de Orión e o seu cúmulo de estrelas asociado. A unha distancia duns 1350 anos luz, a Nebulosa de Orión é un dos criaderos estelares máis cercanos á Terra.

As estrelas fórmanse cando grupos de gas se contraen pola súa propia gravidade e, se o gas quéntase o suficiente, préndense. A Nebulosa de Orión alberga aproximadamente 700 estrelas en diversas etapas de formación.

Crédito: ESO/G. Beccari

Cúmulo estelar RCW 38

Novas observacións co Very Large Telescope de ESO mostran o cúmulo estelar RCW 38 en todo o seu esplendor. Esta imaxe foi tomada durante a proba da cámara HAWK-I co sistema de óptica adaptativa GRAAL. Mostra o cúmulo e as nubes de gas brillante que o rodean cun detalle exquisito, con zarcillos escuros de po que atravesan o núcleo brillante de esta xove reunión de estrelas.

Créditos: ESO/K. Muzic

A Pequena Nube de Magallanes

Un dos nosos veciños máis próximos, a Pequeña Nube de Magallanes (SMC), é unha galaxia irregular enana a 200 000 anos luz de distancia. No hemisferio sur, oSMC pódese ver a simple vista. O brillante cúmulo estelar globular, 47 Tucanae, aparece á dereita e está moito máis cerca da Teerra que o SMC, e se encontra a tan só uns 17000 anos luz de distancia. Esta imaxe foi tomada co Visible and Infrared Survey Telescope for Astronomy (VISTA) no Observatorio Paranal de ESO.

Crédito: ESO/VISTA VMC

Rexión de formación estelar Lupus 3

Unha nube escura de pó cósmico serpentea a través desta espectacular imaxen, iluminada pola brillante luz das novas estrelas. Esta densa nube é unha rexión de formación estelar chamada Lupus 3, onde nacen estrelas deslumbrantemente e quentes a partir do colapso de masas de gas e pó. Esta imaxe, creada a partir de imaxes tomadas có VLT Survey Telescope e o telescopio MPG/ESO de 2,2 metros, é a imaxe mais detallada tomad ata a data de dita rexión.

Crédito: ESO/R. Colombarí

A Nebulosa da Tarántula na Gran Nube de Magallanes

Esta xigantesca rexión de formación de estrelas na galaxia veciña da Vía Láctea, a Gran Nube de Magallanes, é o lugar de nacemento dunha asombrosa cantidade de estrelas masivas, algunhas das cales teñen ata 300 masas solares.

Créditos: ESO