Observacións e obradoiros

O grupo de 3º da ESO durante o obradoiro
Alumna co seu planisferio

Obradoiro Planisferios

Neste obradoiro o alumnado de 3º da ESO de tecnoloxía e dee 1º de bacharelato de bioloxía en colaboración coa Asociación Astronómica ÍO representada por Xabier e Martín, aprenderon a situar estrelas e constelacións no ceo grazas ós planisferios . Todo o alumnado construiu o seu propio planisferio para orientarse no ceo.

Tamén aproveitaron a súa visita para planificar a creación de materiais accesibles que daran a coñecer próximamente.

Cartel sobre a constelación de Casiopea

Mitos relacionados con constelacións

Nesta actividade o alumnado de cultura clásica de ESO concentrou información sobre algunhas constelacións e os mitos que lle dan nome nuns cartaces , que logo foron expostos nos corredores do noso instituto e no Día da Ciencia na Rúa 22 .

Nos cartaces hai unha pequena representación da constelación, asi coma un debuxo e unha explicación sobre o mito

Foto da exposición n a entrada en Zalaeta , dsiponible para familias, docentes e alumnado.

Exposición Contaminación Lumínica

Esta exposición foi realizada pola Asociación Astronómica ÍO xa que contan cun grupo de traballo especializado en contaminación lumínica, que imparte charlas divulgativas e fai exposicións.

Neste caso a exposición tratou sobre os puntos máis importantes da contaminación lumínica dos nosos días e como solucionalos dende varios campos , como o da tecnoloxía , a economía ou a saude . Tamén explicaron nesta exposición que é e cales son as consecuencias desta contaminación. Mais información na páxina da Asociación Astronómica

A pimeira imaxe e un traballo de deseño gráfico de AAÍO

A segunda é unha fotografía tomada no centro do panel informativo.

Día de Rosalía

O 23 de febreiro é o Día de Rosalía a nosa escritora que ten unha estrela e unha camelia no seu nome. Neste ano se conmemora que hai 150 anos que Rosalía de Castro e Manuel Murguía viñeron a vivir a nosa cidade.

Os alumnos do IES Zalaeta colaboramos na homenaxe coa realización dunha serie de cartaces informativos que colgamos na entrada e divulgamos nas redes.

Distibuironse tamen uns cartaces coma os da segunda fotografía entre alumnado e familias.

Charla Muller na Astronomía.

O dia 11 de marzo (foi aprazada) un grupo do instituto asistiu á charla da coordinadora do grupo Muller e Astronomia da Astronómica IO. Nuria Richer.

Destacando a astrónoma Antonia Ferrín Moreiras a quen, dende a fundación ÍO, propoñen adicarlle unha rúa en A Coruña.

CONFERENCIA JOCELYN BELL

Un grupo de alumnado participou na proxección da conferencia no o Congreso Estatal de Astronomía no Teatro Colón de A Coruña de Jocelyn Bell Burnell, astrofísica norirlandesa que, como estudante de postgrado, codescubrió a primeira radioseñal dun púlsar en 1967.​ A detección de estas radiofuentes, permitiu contrastar a teoría da evolución estelar.

Alumnado durante a observación no patio do instituto

Observación nocturna

Nesta actividade os alumnos da ESO e bacharelato acudiron a unha charla e observación do ceo nocturno coa Asociación Astronómica ÍO , nesta charla , os alumnos acudiron primeiro a unha explicación sobre cando e como ver o ceo nocturno , para logo observalo e dar uns pequenos trucos para orientarse no ceo nocturno .

Os alumnos viron así as principais constelacións como a Osa maior ou Casiopea entre outras .