Iniciación e Experimentación con Gravity Sketch https://youtu.be/tVbA3KdFGkI?si=0-HZELFNeC5a_XUX
Nivel: 1º de Debuxo Artístico
Duración: 4 sesións]
Introdución: Durante esta semana, as alumnas de 1º de Debuxo Artístico exploraron o potencial creativo de Gravity Sketch, unha ferramenta para o debuxo en 3D. O obxectivo principal foi familiarizarse coa interface e as ferramentas básicas do programa, así como experimentar coa creación de obxectos tridimensionais.
Cada sesión consistiu nunha combinación de explicacións teóricas breves e prácticas guiadas, onde as alumnas puidesen aplicar os conceptos aprendidos. O feedback continuo foi fundamental para axudar ao desenvolvemento das súas habilidades e facilitar a súa comprensión do programa.
Contidos:
Sesión 1: Introdución a Gravity Sketch
Instalación e configuración do software.
Exploración da interface e familiarización coas ferramentas básicas.
Sesión 2: Creación de Formas Simples
Uso de liñas e superficies para crear obxectos tridimensionais simples.
Experimentación coa perspectiva e a profundidade.
Sesión 3: Aplicación de Cores e Texturas
Ferramentas de pintura e texturización en Gravity Sketch.
Creación de diferentes acabados e efectos visuais.
Sesión 4: Proxecto Pequeno e proxección para visualizalo no móbil ou computador
Presentación e reflexión sobre o traballo realizado.
O Gravity Sketch foi utilizado nas sesións prácticas, que se realizaron en computadoras con conexión a Internet. O programa permitiu aos alumnos explorar o potencial do debuxo tridimensional dunha maneira accesible e creativa.
Avaliación: Os criterios de avaliación incluíron a participación activa nas actividades, a creatividade na creación das ilustracións en 3D e a súa capacidade para aplicar os conceptos aprendidos. O proxecto final serviu como oportunidade para que as alumnas demostraren as súas habilidades e recibir feedback construtivo.A experiencia foi moi divertida , intentaremos repetila o ano que ven.