CÁL É A NOSA ACTIVIDADE?
A nosa cooperativa basea a súa actividade no deseño e creación de complementos (pendentes, colgantes, bolsos, etc) fabricados por nos mesmos de forma sostible a partir do reciclaxe de materiais e obxectos xa usados, que ademáis incorporarán tecnoloxías e-textiles. A empresa realizará tamén obradoiros de concienciación social sobre a pouca sostenibilidade da industria textil e o consumismo de moda por parte dos mozos.
A moda establece ciclos curtos de vida nos produtos, o que influe na sociedade, porque nos crea unha necesidade de renovación constante. Os mozos mercamos grandes cantidades de roupa en marcas de moda ultrarrápida para usala moi poucas veces. Este “fast fashion” é unha das industria máis dañinas para o planeta, xa que consume moita aua, tíranse toneladas de lixo e emítese moito carbono no proceso de fabricación. Por iso urxe pasar á acción:
- As tendencias de moda levan a moitos adolescentes a sentirse inseguros sobre a súa apariencia e o seu corpo, provocando problemas de autoestima e transtornos alimentarios. Debemos cambialo por unha forma de expresión e creatividade.
- O sistema de moda actual é lineal, polo que urxe pasalo a un sistema circular, baseado na durabilidade, lonxevidade, reparabilidade, desmontaxe e reciclabilidade do produto, co obxectivo de aumentar o seu ciclo de vida.
PRINCIPIOS DA NOSA COOPERATIVA
INGRESO LIBRE E DEMOCRÁTICO
XESTIÓN DEMOCRÁTICA: Cada un dos membros temos un voto
PARTICIPACIÓN ECONÓMICA: Todos os membros contribuimos ao capital
COOPERACIÓN DO GRUPO: Alumnado de 4 grupos distintos, profesorado de 3 áreas (Economía, Plástica e Historia), en 3 materias con distintos horarios e currículos (Economía e emprendemento, Expresión Artística e Formación e Orientación Persoal e Profesional).
PROMOVER A ECONOMÍA CIRCULAR E O CONSUMO SOSTIBLE
INTERÉS POLA COMUNIDADE. TRABALLAMOS OS SEGUINTES ODS:
ODS 1-Poñer fin á pobreza e garantizar a protección social)
ODS 3-Garantizar unha vida sana e promover o benestar para todos
ODS 4-Educación inclusiva e oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida ODS 5-Lograr a igualdade entre xéneros e empoderar ás mozas
ODS 8-Crecemento económico e traballo decente para todos
ODS 10-Reducir as desigualdades
ODS 12-Produción e consumos responsables
ACTIVIDADES PRINCIPAIS
1- CREACIÓN DA COOPERATIVA