'vento mais rosquillas'

pequena descripción

Cada pendente está formado por un aro máis unha figuriña feita con miga de pan a miña maneira. Un dos colgantes é unha barca e o outro é unha escaleira. Miden 4 cm cada un, sendo un pouquiño más corto o da barca.

inspiración

Os san andresiños son amuletos feitos de miga de pan, típicos de Santo André de Teixido. Cada un deles serve para protexer diferentes cousas. A inspiración para estos pendentes foron estos amuletos, en concreto fixen a barca, amuleto para as viaxes, e a escaleira, amuleto para o traballo. Según o dito a Santo André de Teixido vai de morto quen non foi de vivo, quenes non foran de vivos irán de mortos reencarnados nun réptil ou insecto.

A mín, gústame moito toda esa zona do norte da Coruña (Ortigueira, Cariño, Santo André de Teixido, Cabo Ortegal,...) tamén é un dos bos recordos que teño da miña nenez, ir a Cariño mercar conservas da Pureza, despois ir ata o Cabo Ortegal e caer do vento que fai sempre, e acabar en Santo André de Teixido comendo rosquillas e mirando os postos dos san andresiños. E por iso, estos pendentes e o seu nome.

pequeña descripción

Cada pendiente está formado por un aro y una figura hecha con miga de pan "a miña maneira". Uno de los pendientes es una barca y el otro es una escalera. Miden 4 cm cada uno, siendo un poco más corto el de la barca.

inspiración

Los san andresiños son amuletos hechos de miga de pan, típicos de San Andrés de Teixido. Cada uno de ellos sirve para proteger diferentes cosas. La inspiración para estos pendientes fueron estos amuletos, en concreto hice la barca, amuleto para los viajes, y la escalera, amuleto para el trabajo. Según el dicho a San Andrés de Teixido vai de morto quen non foi de vivo, quienes no fueran de vivos irán de muertos reencarnados en un reptil o insecto.

A mí, me gusta mucho toda esa zona del norte de A Coruña (Ortigueira, Cariño, San Andrés de Teixido, Cabo Ortegal,...) también es uno de los buenos recuerdos que tengo de mi niñez, ir a Cariño comprar conservas de la Pureza, despues ir a Cabo Ortegal, caerme empujada por el viento que hace siempre, y acabar en San Andrés de Teixido comiendo rosquillas y mirando los puestos de los san andresiños. Y por eso, estos pendientes y su nombre.