Non viñeches ao AI MOSA e agora queres ver as curtas , sentímolo moito pero non se van a colgar en ningunha web, terás que tentar non faltar o ano que vén , vai ser un fiestón moi grande!! , o mellor cinema escolar do Morrazo !
Non viñeches ao AI MOSA e agora queres ver as curtas , sentímolo moito pero non se van a colgar en ningunha web, terás que tentar non faltar o ano que vén , vai ser un fiestón moi grande!! , o mellor cinema escolar do Morrazo !
O venres 14 de xuño, no IES As Barxas, celebramos un evento inesquecible; o Festival Audiovisual AiMoSa.
O noso centro foi o fogar do festival, foron os alumnas e aliumnos das Barxas os encargados da organizacióndo evento. Froxectandose as nosas curtas xunto as doutros tres centros do Morrazo, o CEIP Sequelo, o IES Chan do Monte e o IES A Paralaia.
Grazas ao apoio do Concello de Moaña e ao querido Kevin, que nos deleitou cos deliciosos pinchos do Bar Piscis, así como á marabillosa actuación de DJ Luisni Bermúdez Juncal. O presentador oficial do AiMoSa, Abel, estivo espectacular coma sempre..
Ás 17:30 horas, no salón de actos, celebrouse a gran estrea de curtametraxes realizadas ao longo do curso. O festival de curtas, AiMoSa, reuniu cine feito nas aulas do Morrazo, destacando entre elas "Os Mariñeiros de Marín", unha testemuña dos cambios na cultura mariñeira de Marín, e "Por Narises", un videopoema sobre a igualdade creado a partir do estudo do Ciclo da Materia en Ciencias Naturais.
No AI MOSA presentouse un dos proxectos máis innovadores e emocionantes do Festival Audiovisual: as curtas en VR, que permitiron aos asistentes experimentar o cine en realidade virtual usando as OCULUS. Este proxecto foi resultado dun traballo meticuloso e dedicado do noso alumnado, que demostrou un notable compromiso coa exploración de novas tecnoloxías aplicadas á educación audiovisual.
As curtas en VR foron creadas como parte do proxecto competencial .O desenvolvemento das curtas en VR requiriu que o alumnado traballase en diferentes áreas, desde o guionismo e a dirección ata a edición e a postprodución en 360 graos. Usando as OCULUS, os estudantes non só aprenderon a crear contidos en realidade virtual, senón tamén a apreciar as posibilidades inmersivas desta tecnoloxía. O proxecto puxo de manifesto a capacidade do noso centro para liderar no ámbito das novas tecnoloxías, ofrecendo aos estudantes unha formación integral e avanzada.
Ademais, este proxecto contribuíu a que os alumnos desenvolvesen competencias clave para o século XXI, como a colaboración, a resolución de problemas e a comunicación efectiva. Ao traballar en equipo para producir as curtas, os estudantes aprenderon a xestionar proxectos complexos e a utilizar ferramentas tecnolóxicas de última xeración, preparándose así para futuros retos académicos e profesionais.
Contamos co proxecto audiovisual de 4 ESO "Ikigai" e das actividades do “Club Audiovisual”. O proxecto "Ikigai" centrouse en explorar o concepto xaponés de razón de ser, animando ao alumnado a reflexionar sobre as súas paixóns e intereses e a expresalos a través da creación audiovisual. Pola súa banda, o “Club Audiovisual”animou cas suas comedias delirantes e reflexión sobre as violencias machistas e os estereotipos . A xornada estivo amenizada polo DJ Luisini, culminando nunha auténtica festa do audiovisual do Morrazo.
A CHAMADA
O EVENTO
NOS MEDIOS