APRENDEMOS XUNT@S

En "aprendemos xunt@s" , a nosa intención é "compartir" e non "competir" , este o espírito deste festival Ai Mo.S.A.!! que quere seguir no tempo .

Compartir experiencias e coñecementos mediante titoriais , creados polo alumnado ou o profesorado que se xunta neste proxecto en forma de consellos ou recursos, pero sobre todo , compartindo tempo e intercambiando recursos e consellos .

Durante dous días o alumnado de Cultura do IES Maria Soliño achega ás aulas de 4 da ESO das Barxas os seus coñecementos e experiencia sobre como rodar unha curta .