as curtas 2022


Despois da primeira experiencia do ano pasado na que o festival foi elexido dentro das trinta e catro mellores experiencias docentes de España e Iberoamérica na SIMO EDUCACION de Madrid, este ano volvemos á carga con mais ganas que nunca para amosar este traballo da rapazada de Moaña e do Morrazo.

É un festival de curtas que mostra o que se fai nas aulas do Morrazo , un cine de aula que aborda a temática  que inquieta ao nos alumnado, este ano o tema a traballar foi a “Intolerancia “, intolerancia cos intolerantes .

Trátase dunha mostra de 29 curtas , entre as que se atopan, entrevistas a Afamo , as avoas do Morrazo, trabállase a saúde mental, as masculinidades tóxicas , o bullying ,a defensa das artes no ensino, os estereótipos , o racismo , a diversidade , mais dunha hora de curtas que foi moi complicado seleccionar en cada centro.

Traballos elaborados polo alumnado do Morrazo  de todos os níveis educativos de 1 da ESO a 2 de Bach.


A CHAMADA!!                      

AS CURTAS