Proxecto colaborativo, intercentros (IES PARALAIA , IES AS BARXAS e IES MARÍA SOLIÑO )
Ai Mo.S.A, é un festival de cinema non competitivo, que mostra o realizado nas aulas do Morrazo , coa intención de colaborar, sumar e aprender uns doutros .
Fronte ás situacións difíciles quedamonos co máis importante: aprendemos a ser RESILIENTES, a superar a adversidade e saír fortalecidos dela, transformando a nosa realidade, enchéndoa de novas ilusións e de ARTE.
Grazas á ARTE non nos deixamos levar polo desánimo, afrontando situación alguhnas veces complicadas.
Este foi a aprendizaxe máis significativa sacada desta pandemia, e dela xorde a idea dun festival audiovisual ao aire libre , un festival que recolle a actividade de tres centros educativos que levan traballando este recurso na aula desde hai anos na península do Morrazo .
Grazas ao concello de Moaña puidemos realizar un das nosas finalidades educativas , mostrar e achegar a produción artística e audiovisual ao pobo , ás familias , a rúa . Esta experiencia tan motivadora realizouse e organizouse desde a base pedagóxica de "aprendemos xuntos" , intercambiando experiencias e recursos entre os tres centros, non se trata dun festival competitivo , e un proxecto creado para sacar á luz unha pequena mostra do que sucede nas nosas aulas , por que o noso alumnado é produtor de arte e este festival dá resposta á necesidade de comunicarnos e de SER .
Nestes proxectos o alumnado aprende en distintos momentos do curso realizar un guión cinematográfico, eles esponen o seu guión mediante unha técnica de empresa chamada piching cales van aos guións para traballar ese curso ,estudan a linguaxe audiovisual, a coñecer os seus códigos, a planificar mediante un storyboard, a rodar, a actuar, a editar e a realizar animacións para os créditos dos seus proxectos ao estilo dos “ motion graphics”. Con todos estes coñecementos foron capaces de expresarse e de plasmar sentimentos, opinións, ideas e expor alternativas sen ningún impedimento.
Traballando en equipo, por grupos, asumiron o papel de director, cámaras, editaron o son, foron actores, maquilladores, buscaron o vestiario e os escenarios..... Eles son os protagonistas en todas e cada unha das fases do proxecto, na preprodución, produción e postproducción, asumen roles profesionais e perspectivas de acción diferentes: dirección de curtametraxes, utilización de cámaras, edición de son, actores e actrices, maquillado, procura de vestiario e escenarios...É un proceso laborioso, pero a mocedade sentese moi motivada co manexo dos recursos audiovisuais.
O noso alumnado merécese que o tempo de clase dedíquese a algo realmente valioso para eles, que permita recoller as súas inquietudes, transformalas nunha chea de preguntas e con elas construír un proxecto pedagóxico que lles comprometa e emocione.
O sentido dos nosos proxectos audiovisuais é concibir a educación como a formación no compromiso... coa vida, as persoas, a contorna, …e agora máis que nunca necesitamos reinventarnos e buscar novas propostas para este nova realidade que nos toca vivir.
Para levar a cabo este festival, foi moi importante o traballo do Concello de Moaña con Xose Daniel Costas, que sempre pon en valor o talento da mocidade e por suposto o traballo do noso alumnado ,o esforzo do profesorado implicado; Curro Zea , Carmen González , Alicia Pérez , MªJose Soto , Alfonso Malvido , Luz Beloso, ..., pais, nais e os centros que colaboran e o fan posible .
GRAZAS!
Se es profe no Morrazo e queres participar ponte en contacto: luzbelos@gmail.com