Traballo en rede. aprender, compartir, impulsar...

A Fusquenlla quere ser tamén un espazo para a formación. Con apoio técnico da Consellaría do Medio Rural e doutras entidades especializadas preténdese ofrecer unha programación estable de cursos arredor da transformación de produtos do agro, cunha visión innovadora e centrada na calidade.

A Fusquenlla nace para facilitar a colaboración entre as pequenas produtoras e produtores, compartindo ideas, técnicas e proxectos que melloren o posicionamento no mercado das súas elaboracións.

Neste sentido, A Fusquenlla forma parte da Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo promovida pola Deputación da Coruña co ánimo de favorecer a posta en marcha de novas iniciativas que potencien o aproveitamento dos nosos recursos e a creación de emprego sostible.

Centros da rede:


Para obter máis información sobre a rede e o proxecto que comparte, podes acceder á web redecoworking.pel.gal, onde tamén verás como utilizar o pase Coworking Visa para acceder de balde durante un número determinado de días (habitualmente 3) tanto aos espazos da rede provincial como aos doutros puntos do Estado e do mundo.


A Fusquenlla encóntrase neste momento na fase de difusión e dinamización inicial. Por iso, tan pronto como se defina o seu plan de xestión -regulamento de funcionamento, horarios de apertura, etc.-, poderá solicitarse a utilización das instalacións.


Ademais, as iniciativas que se poñan en marcha no noso centro tamén poderán gozar das ferramentas publicadas en liña pola Rede Coworking, algunhas delas dispoñibles sen rexistro previo, como é o caso do Campus virtual.