Recepción de colleita. escoller, lavar, preparar ...

O centro dispón no seu andar baixo dunha zona de recepción e preparación de produtos, dotada dunha báscula de pesaxe, cámara de almacenamento e un espazo onde mesmo se pode facer unha primeira clasificación e limpeza da materia prima antes de iniciar o proceso de transformación ou envasado.

A área ten dous accesos principais desde a rúa: un directo ao espazo de pesaxe, lavado e cámara, e outro que dá directamente á ala dedicada ao mel.

As estancias complétanse con vestiarios, aseos, recunchos de almacenaxe de material de limpeza e outros equipamentos, así como unha pequena oficina para a levanza dos rexistros obrigatorios.