Conservas e Zumes. cocer, asar, pasteurizar, apretar, filtrar...

Este espazo é un dos principais d'A Fusquenlla. Nel temos, ademais de mesas e outro equipamento auxiliar, unha cociña industrial, forno combi para cocción, asado e pasteurización, lavalouzas, mesa con refrixerador, tamizadora, batedora de alta potencia, básculas de precisión, potas, cazos e outra louza.

Noutra banda da sala sitúanse a trituradora de froita e a prensa hidráulica para o apretado e filtrado de zumes, aos que logo se lles pode dar un tratamento térmico para alongar o tempo de conservación mantendo todas as súas propiedades organolépticas.

O recinto complétase cun dos dous almacéns para o produto xa elaborado dos que dispón A Fusquenlla. Todas as estancias do edificio deseñáronse para facilitar a limpeza e garantir unha hixiene total, en cumprimento da estrita normativa de seguridade alimentaria.