A Fusquenlla, o lugar onde agroman os teus proxectos

A Fusquenlla é un centro de apoio ao desenvolvemento rural orientado á transformación alimentaria de produtos do agro.

Trátase dun espazo para a elaboración de conservas vexetais de horta e froita, cogomelos, zumes, marmeladas, mel, etc.

As pequenas explotacións e particulares da provincia poden procesar aquí as súas colleitas, xa sexa para autoconsumo ou para dárlle saída aos excedentes. Desta maneira contribúese a complementar as economías familiares e a xerar oportunidades de desenvolvemento no territorio.

A Fusquenlla é un proxecto dos concellos de Cerdido, Moeche, San Sadurniño e Valdoviño con axuda do Programa Leader-Seitura 22, da Deputación da Coruña e da Consellaría do Medio Rural.

Carousel imageCarousel imageCarousel imageCarousel imageCarousel imageCarousel imageCarousel imageCarousel imageCarousel imageCarousel imageCarousel imageCarousel imageCarousel imageCarousel imageCarousel image

Todo o que necesitas, todo á man

As instalacións d'A Fusquenlla están completamente equipadas para atender a produción autoxestionada de distintos tipos de conservas e elaborados vexetais e de mel, cumprindo sempre coa normativa sobre seguridade, sanidade, etiquetaxe e trazabilidade alimentaria. Todo deseñado para facilitar o traballo e telo todo á man cando fai falla.