Empecemos a traballar. formación técnica para persoas usuarias da Fusquenlla
Hai uns meses levouse a cabo un programa de presentación do proxecto e agora atopámonos na seguinte fase, consistente na formación técnica das persoas que teñan verdadeiro interese en utilizar as instalacións. Neste sentido estase primando a participación de persoas dos catro municipios que desenvolvan a súa actividade no sector agrario e alimentario e que teñan unha clara vinculación co mundo rural.
Os dous primeiros cursos que se impartiron -en xullo e agosto de 2022- centraráronse exclusivamente na transformación de produtos hortofrutícolas a través de oito módulos de 63 horas de teoría e práctica:
• Hixiene e manipulación de alimentos. (15h)
• Limpeza e desinfección do espazo de traballo. (6h)
• Prevención de riscos laborais específicos do sector. (9h)
• Manexo do equipamento e instalacións. (6h)
• Manexo de ferramentas informáticas para a produción de conservas. (6h)
• Trazabilidade. Documentación e cumprimento de normas. (6h)
• Elaboración de custos do uso das instalacións. (3h)
• Transformación de produtos hortofrutícolas. (12h)
Para estes dous primeiros cursos ofertáronse un máximo de 15 prazas, coa esixencia de asistir polo menos ao 90% das horas de cada módulo.
Ademais tamén foi necesario que as persoas participantes superasen con suficiencia todos e cada un dos apartados formativos para poder ser admitidas despois como usuarias da Fusquenlla.
A Fusquenlla está preparando novas accións formativas dirixidas ás persoas interesadas no proxecto, que poden deixar os seus datos no seguinte formulario en liña. Tan pronto se organicen novos cursos iráselles dándo entrada ás solicitudes recibidas.